A Selección de rugby de Escocia representa a Escocia en torneos internacionais de rugby. O rugby en Escocia está regulado pola Unión de Rugby Escocesa (SRU). O equipo ocupa o noveno posto na lista mundial da IRBIRB Ranking , consultado o 2 de marzo de 2009 e forma parte tamén do British and Irish Lions (un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas Británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo). Anualmente toman parte no torneo das Seis Nacións e participa na Copa do Mundo de Rugby, que ten lugar cada catro anos.
O rugby escocés data de 1871, cando gañaron a Inglaterra no primeiro partido internacional de rugby en Raeburn Place (Edimburgo). Dende que comezou en 1883, Escocia compite no Cinco Nacións gañando o campionato de pleno dereito en 14 ocasións, incluíndo o último torneo das Cinco Nacións en 1999, e compartindo outros 8. No ano 2000 a competición aceptou a un sexto participante, Italia, o que deu lugar ao Seis Nacións. Dende este troco Escocia non volveu nunca gañar o torneo. A Copa do Mundo de Rugby celebrou a súa primeira edición en 1987 e Escocia competiu até o de agora en tódalas ocasións, a última en 2007. O mellor posto do XV do Cardo nesta competición foi en 1991, onde perderon cos All Blacks no partido polo terceiro posto.
Escocia ten unha grande rivalidade coa selección inglesa. Compiten anualmente pola Calcutta Cup coma parte do torneo das Seis Nacións. Os escoceses son os actuais posuidores do trofeo trala súa vitoria por 15 a 9 no Seis Nacións de 2008 no Murrayfield. Porén, nos últimos anos, Escocia conseguiu poucas vitorias fronte o seu Auld Enemy (vello inimigo), gañando só catro veces dende 1990. Ademais lonxe da súa última vitoria en Inglaterra, que foi en 1983.
Historia O primeiro encontro internacional miniatura|right|300px|Escocia vs Inglaterra, 1871. O primeiro encontro internacional do equipo de Escocia de rugby ten lugar contra Inglaterra o domingo 27 de marzo de 1871Pequena historia do rugby , de rfu.com . Este non só é o primeiro partido de Escocia senón o primeiro encontro internacional endexamais disputado. O partido xogouse en Raeburn Place, na cidade de Edimburgo (Escocia). Os do Cardo venceron aos ingleses por 4 a 1 diante de 4.000 espectadoresPrimeiro encontro internacional de rugby, de rugbyfootballhistory.com Cronoloxía do rugby , de rfu.com .
Como xa se nomeou anteriormente, este partido foi xogado en Raeburn Place, un estadio de crícket, xa que a federación escocesa de rugby non dispoñía aínda dun recinto axeitado para un partido internacionalDe Raeburn Place a Murrayfield , de scottishrugby.org . Así que o partido se diputou con só dez xogadores por equipo e dúas metades de cincuenta minutos. Os escoceses gañaron o partido por un ensaio e un drop contra un ensaio dos ingleses.
Encontros británicos e barullo (1870-1889) 170px|dereita|miniatura|Mapa de Escocia e das Illas Británicas miniatura|dereita|250px|Os Originals, primeiros All Blacks 250px|dereita|miniatura|Springboks en 1906 O desquite entre os equipos de Escocia e Inglaterra tivo lugar sobre o terreos dos últimos, no Oval de Londres. Inglaterra gañou o partido por 8 a 3Inglaterra - Escocia 8-3 , de rugbydata.com . O seguinte partido entre as dúas nacións foi no Hamilton Crescent de Glasgow cun empate a 0 puntosIngleterre - Escocia en Hamilton Crescent en Glasgow , de rugbydata.com . Os dous equipos atopáronse de novo dous anos máis tarde, o luns 23 de febreiro de 1874, con vitoria inglesa por 3 a 1.
Irlanda debutou na competición internacional nun encontro conta Inglaterra en 1875 (derrota dos irlandeses por 7 a 0). Gales debutou un pouco máis tarde tamén contra Inglaterra en 1881, Irlanda en 1882 e Escocia en 1883. Os enfrontamentos entre Escocia e Gales comezaron o 8 de xaneiro de 1883 en Raeburn Place (Edimburgo) vencendo os do Cardo por 9 a 3. É a primeira edición do hoxe torneo das Seis Nacións, o Torneo británico de rugby 1882-1883.
É xa en 1884 cando estes catro equipos enfróntanse todas na mesma tempada, aínda que en efecto falta un partido da edición de 1882-1883 para que o Torneo sexa disputado completamenteO Torneo internacional , de rfu.com . As edicións de 1885, 1887 e 1889 non son completadas debido a problemas entre distintas federaciónsSix nations history, de bbc.co.uk .
Os ingleses son excluídos das edicións de 1888 e 1889 do Torneo debido ao seu rexeitamento a unirse á International Rugby BoardHistoria de deportes , de hickoksports.com Historia do Rugby 1886 , de rfu.com .
Novos adversarios (1900-1909) Escocia perdeu contra o País de Gales. o primeiro partido do Torneo británico de rugby do 1900, os galeses son os grandes dominadores deste decenio, con xogadores coma Billy Bancroft, Jehoida Hodges, Willie Llewellyn, Gwyn Nicholls ou Billy Trew. Escocia porén, empata con Irlanda obtendo un partido nulo e perde outra vez, esta vez contra Inglaterra en Inverleith (Edimburgo).
Un equipo representante de Nova Zelandia fixo unha xira pola Gran Bretaña en 1905, eran os chamados Originals. O termo All Blacks é utilizado por primeira vez nesta ocasiónOrixe do nome All Blacks , do sitio web do Rubgy Museum of New Zealand. . A xira é todo un éxito para os Originals, só perdendo unha soa vez contra Gales en Cardiff por 3 a 0Xira dos Originals en 1905-1906 , de stats.allblacks.com . Escocia recibiu aos neozelandeses o 18 de novembro de 1905 en Inverleith, perdendo por 7 a 12Escocia - Nova-Zelandia , de rugbydata.com .
En 1906, Escocia perdeu dous encontros do Torneo, e despois outro equipo internacional fai unha xira polas Illas Británicas, trátase dos Springboks, a selección de rugby de SuráfricaEscocia - Suráfrica , de rugbydata.com . Neste torneo fixeron historia e gañaron o seu característico nome, porén, perderon contra EscociaXira de Suráfrica en Gran Bretaña e Irlanda en 1906, de rugbyrelics.com Imaxes da xira de Suráfrica en Gran Bretaña e Irlanda en 1906 , de ovalballs.com .
Durante o período de 1900 a 1909, a selección de Escocia disputou 32 partidos contra cinco nacións, conseguindo 17 vitorias (13 derrotas, 2 empates), é dicir, un 53% de éxito. Gañaron sete dos dez partidos xogados contra o XV da Rosa e seis de dez contra os irlandeses. Os do Cardo gañaron catro torneos neste tempo: 1901, 1903, 1904 e 1907 (con tres triplas coroas obtidas) e porén, contra Gales perden sete encontros, gañando só tres dun total de dez encontros disputados. Por último destacar a súa derrota contra os All Blacks e unha vitoria contra os Springboks.
1919 - 1939 Os encontros internacionais de rugby disputáronse en Inverleith até 1925, ano no que a SFU merca un terreo e constrúe o primeiro Estadio de Murrayfield, o cal é inaugurado o 21 de marzo de 1925. A comezos desta tempada o Scottish Football Union (SFU) pasa a coñecerse coma Scottish Rugby Union (SRU). En 1925Os Grand Slam de Escocia , de rugbyrelics.com , Escocia vence a Francia en Inverleith (25-4), ao País de Gales en Swansea (24-14) e a Irlanda en Dublín (14-8). A Inglaterra de Wavell Wakefield, que viña de gañar os Grand Slam de 1923 e 1924, vai disputar o partido definitivo do Torneo contra os escoceses en Murrayfield, enchéndose o estadio con 70.000 seareiros. O partido foi moi igualado, gañando finalmente os escoceses 14 a 11 e obtendo por primeira vez na súa historia o Grand Slam.
En 1926 Escocia converteuse na primeira nación europea en gañar en Twickenham (Londres) a Inglaterra, o que supuxo a fin da "idade de ouro" dos do XV da RosaEnfrontamentos Inglaterra - Escocia , de rugbydata.com . En contraposición, o XV do Cardo gañou o seu segundo torneo consecutivo, compartido cos irlandeses. O torneo das nacións de 1927 é unha repetición do de 1926, con tres vitorias, unha derrota fronte Irlanda, e a vitoria final compartindo o trofeo cos de XV do Trevo. O 17 de decembro de 1927, Escocia recibe a Australia e imponse 10 a 8.
O 19 de marzo de 1938, os do XV do Cardo conducidos por Wilson Shaw desprazáronse a Inglaterra dentro do Torneo. Escocia consegue cinco ensaios conta un, sendo este o partido máis destacado de Wilson Shaw, autor de dous ensaios e orixinando un terceiro. Escocia gañou así o seu segundo partido en Twinckenham despois da vitoria de 1926. Este foi o primeiro partido internacional televisado.
1947 - 1985 Despois dunha interrupción debido á segunda guerra mundial, retómase o Torneo das Cinco Nacións en 1947 coa participación de cinco nacións, xa que Francia é admitida despois do torneo de 1939. O 1 de xaneiro xaneiro de 1947 Francia recibe a Escocia, gañando 8 a 3. O Torneo é difícil para os do Cardo, que logo de rematar con catro derrotas faise cunha nova Culler de Madeira. Os australianos de xira a finais de ano tamén se impoñen.
No torneo das cinco nacións de 1948, Escocia logra gañar a franceses e ingleses a domicilio, terminando con dúas vitorias e outras tantas derrotas.
A edición de torneo de 1972 quedou incompletaO Torneo das VI Nacións - O mito Os anos 70 , de lequipe.fr : o País de Gales e os escoceses rexeitaron viaxar a Irlanda por mor dunhas cartas recibidas con ameazas anónimas, supostamente por parte do IRA.
Gordon Brown foi sinxelamente un dos mellores segunda liña europeos de despois da guerraGordon Brown (Primeira Parte) 1969-1976, de sporting-heroes.net . Broon frae Troon é o membro máis importante dos cinco de fronte que endexamais tivo Escocia: Ian McLauchla, Frank Laidlaw, Sandy Carmichael, Alastair McHarg e Gordon Brown. E son estes cinco a pedra angular do equipo que transformou Murrayfield nunha fortaleza impenetrábel.
Entre o 1 de marzo de 1971 e o 31 de decembro de 1975, o equipo de Escocia perde unha soa vez na casa, só contra os All Blacks por 14 a 9 en 1972. En 1984 conseguiron o Grand Slam.
Gavin Hastings, Rei de Escocia (1986-1995) Na primeira xornada do Cinco Nacións de 1986, Garvin Hastings falla o golpe de envío (toque directo), os franceses xogan rapidamente e marcan o seu primeiro ensaio. Un aínda rapaz Gavin Hastings non está en absoluto abatido, e consegue marcar os seis penaltis da vitoria por 18 a 17 dos escocesesGavin Hastings (Primeira Parte) 1986, de sporting-heroes.net .
Despois duns anos sen acadar nada, 1990 é un ano histórico para os escoceses, con catro vitorias en catro encontros. O equipo escocés endosoulle un 13 a 10 os do Trevo en Irlanda, un 21 a 0 a Francia 21-0 e despois de gañar por 13 a 9 a Gales, Escocia gaña 13 a 7 ao equipo inglés, que tamén podía levarse o Grand Slam... David Sole, John Jeffrey, Finlay Calder, Derek White son os patróns e Gavin Hastings é a vedette... os escoceses venceron 13 a 7 e acadaron o Grand Slam. O 10 de novembro de 1990, enfróntanse oficialmente a Arxentina por primeira vez e impóñense 49 a 3Arxentina - Escocia, de rugbydata.com.
1996-1999 120px|esquerda|miniatura|Sean Lamont. 170px|dereita|miniatura|Seguidores escoceses. No Cinco Nacións de 1996, ao igual que en 1995, Escocia gaña os seus primeiros tres partido para xogar o cuarto contra Inglaterra nunha loita polo Grand Slam, perdendo de novo. Na xira de xuño de Nova Zelandia perde dúas veces con resultados moi avultados, 62-31 e 36-12. O 14 de decembro, Escocia xoga por primeira vez fronte Italia, gañando os do Cardo por 29 a 22Escocia - Italie , de rugbydata.com .
En 1999 Escocia gaña o último torneo no que participan as Cinco Nacións, incorporándose ao ano seguinte a selección italiana. Sendo este ademais o último título dos escoceses até o día de hoxe. O torneo comezou cunha vitoria fronte os Dragóns Vermellos 33 a 20 na casa, unha derrota a domicilio contra Inglaterra (que perdería contra Gales o último partido), e dúas vitorias, unha contra Francia moi axustada, por 33 a 34, diante de 78.724 espectadores no Stade de France en París e unha última contra Irlanda en Murrayfield.
Os anos escuros (2000-2008)