O río Támoga, no seu comezo chamado Santa Baia, é un afluente do río Miño que discorre pola provincia de Lugo.
Localización e características Nace en Fontemuín (Abadín) na serra do Xistral, transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito, onde co seu afluente, o río Guisande, enche a lagoa de Cospeito, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia. Na súa xuntanza co río Miño, xunto á parroquia de San Xiao de Támoga, forma a insua de San Roque, no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. A área da súa bacía é de 233 km²Área do río Támoga .
Toponimia O topónimo Támoga é de orixe prerromana, dunha raíz indoeuropea *tam- 'de cor escura', que aparece noutros hidrónimos galegos como Tambre, Tamuxe ou Támega e noutros países europeos, como o inglés Támese (Thames).
Notas
Categoría:Ríos da provincia de Lugo Categoría:Afluentes do Miño Categoría:Topónimos de ríos galegos con etimoloxía