O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e ten algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.La Nueva España, 18-11-09

Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.

Uniforme miniatura|300px|Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Sporting de Gijón. Uniforme titular: camiseta de raias verticais brancas e vermellas, representando as cores da bandeira de Xixón, pantalóns azuis (dise que como homenaxe ao mar) e medias azuis con volta vermella. Uniforme visitante: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas. Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

O estadio do Sporting de Xixón é o estadio de El Molinón, que data de 1908, sendo o máis antigo do fútbol profesional en España. O seu nome débese a existencia dun antigo gran muíño preto da situación do estadio. A súa capacidade é de 25.885 espectadores e as súas dimensións son de 105 x 68 metros.

O estadio xixonés sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia. A primeira prodúcese en 1917. De entre todas elas cabe destacar a que sufriu con motivo da Mundial de España de 1982, durante a cal o estadio acolleu varios partidos do Grupo B, compartido co Estadio Carlos Tartiere de Oviedo. Actualmente estanse levando a cabo obras de ampliación do estadio.

Datos do club Tempadas en 1ª: 40 Tempadas en 2ª: 41 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 0 Participacións en competicións europeas: 6 (na Copa da UEFA)

Datos en Primeira Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 15º Partidos xogados: 1268 Gañados: 424 Empatados: 305 Perdidos: 539 Goles a favor: 1558 Goles en contra: 1856 Puntos: 1195 Mellor posto: 2º (1978-79) Peor posto: 20º (1997-98) Peor puntuación acabada a tempada: 13 puntos (1997-98) Maior número de tempadas consecutivas: 21 (1977-78 a 1997-98) Maiores goleadas conseguidas: Na casa: Sporting 7-1 Osasuna (1993-94) Fóra: FC Barcelona 0-4 Sporting (1986-87) Maiores goleadas encaixadas: Na casa: Sporting 2-7 Atlético de Madrid (1947-48) Fóra: Athletic de Bilbao 9-0 Sporting (1958-59) Maior serie de partidos consecutivos gañandos: 7 partidos (xornadas 1ª a 7ª na tempada 1979-80) Maior serie de partidos consecutivos sen perder: 14 partidos (x.34ª da 1981-82 a x.13ª da 1982-83)

Datos en Segunda Posto na Clasificación histórica da Segunda división: 2º Partidos xogados: 1214 Gañados: 568 Empatados: 277 Perdidos: 369 Goles a favor: 2129 Goles en contra: 1527 Puntos: 1575 Mellor posto: 1º (7 ocasións) Peor posto: 13º (3 ocasións) Maior número de tempadas consecutivas: 13 (1928-29 a 1943-44)

Xogadores Categoría principal: Xogadores do Sporting de Gijón. Cadro actual Datos do 12 de agosto de 2013.

Xogadores Históricos Abelardo Fernández Ablanedo Antonio Maceda Cundi Ignacio Churruca Castro Joaquín Alonso Manuel Jiménez Abalo Quini

Palmarés Torneos rexionais Campionato Rexional de Asturias (13): 1917, 1918, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1930, 1931, 1940.

Torneos nacionais Subcampión da Primeira División de España (1): 1978–79. Segunda División de España (5): 1943–44, 1950–51, 1956–57, 1969–70, 1976–77. Subcampión da Copa do Rei (2): 1981, 1982.

Torneos amigables miniatura|150px|Trofeo Ramón de Carranza. Trofeo Villa de Gijón (23): 1962, 1963, 1965, 1970, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1984, 1985, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1996, 2001, 2002, 2008, 2014 Trofeo Ramón Losada (8): 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010 Trofeo Emma Cuervo (7): 1957, 1960, 1963, 1967, 1972, 2007, 2012 Trofeo Principado (5): 1988, 1991, 1993, 1994, 2006 Trofeo Ibérico (2): 1972, 1979 Copa Stadium (2): 1979, 1981 Trofeo Luis Otero (2): 2003, 2008 Trofeo Amberes (1): 1963 Trofeo Juan Antonio Samaranch (1): 1979 Trofeo Ramón de Carranza (1): 1984 Trofeo do Centenario do Portugalete (1): 2009 Trofeo Cidade de Vigo (1): 2011

Filial

O filial do Sporting é o Sporting B, fundado en 1967. Actualmente xoga na Segunda División B Española.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1905