O siciliano é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na Península Itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabrés) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania. O siciliano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, occitano, catalán e do español.
O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.
Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en siciliano
Ligazóns externas Diziunariu illustratu sicilianu-spagnolu