Laureano Peláez Canellas, nado en Verín o 30 de xuño de 1879 e finado no mesmo concello o 1 de decembro de 1955, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi fillo dun empregado de comercio de Villardeciervos. Fixo o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Monforte. Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito pola Universidade de Deusto en 1898. Propietario de bodegas e director da Academia Verinense, foi un dos homes máis ricos de Verín. Fundou e dirixiu o semanario El Heraldo de Verín. Durante a Segunda República Española militou na CEDA e foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado pola Delegación de Orde Público por amosarse neutral. Foi alcalde de Verín. Finou en Verín o 1 de decembro de 1955.Necrolóxica en La Región, 2-12-1955, p. 6.

Vida persoal

É pai do xurista Manuel Peláez Nieto (†2008). Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes