Antonio Tomás González, nado en Torrelavega o 19 de xaneiro de 1985, é un futbolista español. Xoga como centrocampista e o seu actual equipo é o Veria FC grego.

Traxectoria Antonio Tomás chegou ao Racing de Santander despois de pasar polas categorías inferiores do club, facendo o seu debut o 30 de novembro de 2005 nun encontro entre o Valencia CF e o Racing de Santander no estadio de Mestalla.

En 2006, foi contratado polo Deportivo nunha operación que levou a Pedro Munitis ao Racing e trouxo ao Dépor a Antonio Tomás e máis a Dudu Aouate, que o cedeu durante a tempada 2006–07 ao seu antigo club. Debutou co Deportivo na campaña 2007–08, nun partido contra o FC Barcelona o 9 de decembro, no Camp Nou.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do Deportivo Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Torrelavega Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do PFC CSKA Sofia Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Veria FC