Roma Tiburtina é a segunda estación de ferrocarril máis grande de Roma, despois de Termini. Está localizada na parte nordeste da cidade, e foi redeseñada como un centro para a alta velocidade italiana no canto de Termini, que é unha estación de ferrocarril. A estación está conectada co Metro de Roma liña B pola estación Tiburtina. A nova Tiburtina está dedicada ós trens rexionais tradicionais e ós servizos de alta velocidade na liña Milán-Nápoles. A nova estación está proxectada para dar servizo diario a máis de 450 000 persoas no 2015. A estación é destino de máis de 140 trens de alta velocidade e 290 trens rexionais.

Historia A estación inaugurouse por primeira vez en 1866. No 2001, un profesor de universidade británico cando unha escaleira mecánica caeu e o deixou atrapado no oco que se abriu. Un condutor de trens local perdeu unha perna tratando de liberalo, ó igual que unha terceira persoa que caeu dentro do mecanismo.

No 2004, preparáronse os plans para actualizar e mellorar a estación, e os traballos comezaron no 2007, cun custo estimado de €155 millóns. A nova estación estaba prevista para dar servizo a máis de 300 000 ó día. Despois de tres anos de traballo, o 28 de novembro de 2011, a nova estación foi inaugurada e dedicada a Camillo Benso.

Notas

Categoría:Arquitectura en Roma Roma Tiburtina