Cristina Fallarás, nada en Zaragoza en 1968, é unha escritora e xornalista española.
Traxectoria Estudou ciencias da información na Universidade Autónoma de Barcelona e exerceu como xornalista na Cadena Ser, El Mundo, El Periódico de Catalunya, RNE(Ràdio4) e diario ADN. Galardoárona co premio Hammett no 2012.
O 26 de abril de 2018 lanzou o hashtag #Cuéntalo. Produciu preto de tres millóns de tuits dos cales máis de 50.000 son testemuños de violacións, abusos ou acoso. O 27 de agosto de 2023, co hashtag #SeAcabó, tras a polémica do Caso Rubiales, comezou a compartir nas súas redes sociais os testemuños de mulleres vítimas de acoso, violacións e abusos. En febreiro de 2024, pecharonlle a conta na rede social Instagram e nese momento, Cristina decidiu publicar todos eses testemuños en formato libro.
Obra La otra Enciclopedia Catalana, Belacqua, 2002 Rupturas, Urano, 2003 No acaba la noche, Planeta, 2006 Así murió el poeta Guadalupe, Alianza, 2009 Las niñas perdidas, Roca Editorial, 2011 Últimos días en el Puesto del Este, DVD ediciones, 2011 El evangelio según María Magdalena, Penguin Random House, 2021
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora
Categoría:Xornalistas de Aragón Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1968