Gustavo Rojas Pinilla, nado en Tunja (Boyacá) o 12 de marzo de 1900 e finado en Malgar (Tolima) o 17 de xaneiro de 1975, foi un militar, enxeñeiro civil e político colombiano, presidente do seu país entre 1953 e 1957.
Traxectoria O seu mandato caracterizouse pola realización de grandes obras de infraestrutura, o inicio de proceso de despolitización da Policía, a traída do servizo de televisión ao país, e púxose termo á primeira etapa da época coñecida como A Violencia, ao chegarse a unha tregua coas guerrillas liberais e establecendo un goberno apoiado polo Exército e varios outros membros da sociedade colombiana. Durante o seu mandato recoñecéuselle en 1954 o dereito ao voto ás mulleres.
Categoría:Presidentes de Colombia Categoría:Exiliados Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Colombianos de ascendencia española