Jesús Neira Rodríguez, nado en Granada o 16 de abril de 1953 e finado en Majadahonda (Madrid) o 29 de agosto de 2015, foi un profesor universitario e político español de orixe galega, que tivo unha especial relevancia social en España a principios do século XXI.
Traxectoria De familia ferrolá vinculada ao exército, naceu e viviu ata os 14 anos en Granada, cando a súa familia se trasladou a Madrid.
Licenciado en Dereito, doutorouse cunha tese sobre o discurso prefascista en Antonio Goicoechea. Profesor de Teoría do Estado na Universidade Camilo José Cela de Madrid, acadou sona en España a partir dunha pelexa que mantivo o 2 de agosto en Majadahonda, onde se enfrontou a un home que estaba presuntamente batendo na súa mozaEn estado crítico el profesor que fue golpeado por defender a una maltratada, 20 minutos, 9/8/08. Aparentemente como consecuencia desa pelexa, catro días despois sufriu un derramamento cerebral que o mantivo hospitalizado durante 256 días, boa parte deles en coma.
Publicou diversos artigos en revistas da fundación de ideoloxía conservadora Cánovas del Castillo, algúns deles sobre o pensamento do teórico do dereito alemán Carl SchmittBibliografía en Dialnet.. Foi nomeado pola Comunidade de Madrid presidente do consello asesor do Observatorio rexional da violencia de xénero. En marzo de 2009 a canle de televisión española Antena 3 anunciou que o contraría como contertulio para o magazine de actualidade Espejo Público a partir de setembro dese anoJesús Neira ficha por 'Espejo público', El Mundo, 13/3/09.
Detido por conducir un vehículo en estado de embriaguez en setembro de 2010, foi apartado do seu cargoJesús Neira, citado por dar positivo en un control de alcoholemia, Público, 2/9/2010.. En outubro dese mesmo ano sufriu un derramo cerebralJesús Neira, ingresado tras sufrir un derrame cerebral, Público, 15/10/2010., que o mantivo no hospital por espazo de dous mesesNeira: "Estoy como si me hubiese pasado un elefante por encima", Público, 15/12/2010.. Case cinco anos despois sufriu outro derramo cerebral, a causa do que faleceu no Hospital Puerta de Hierro, de Majadahonda.
Galardóns Medalla de ouro do Senado. Medalla ao mérito cidadán da Comunidade de Madrid.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil