miniatura|Táboa en lineal B procedente de Knossos. O lineal B é o sistema de escritura utilizado para o micénico, unha forma antiga da lingua grega.
Características O sistema deriva do lineal A, unha antiga escrita usada para escribir o minoico, polo que o lineal B non representa axeitadamente os sons do grego micénico. Trátase parcialmente dun silabario, con algúns signos logográficos adicionais.
Aparece basicamente en pequenas táboas de arxila que datan dos séculos XIV e XIII a.C. A primeira foi descuberta en Knossos polo arqueólogo inglés Arthur Evans o 31 de marzo de 1890; o 6 de abril atopou un tesouro grande de taboíñas.
Michael Ventris descifrou o lineal B en 1951-1953, coa colaboración de John Chadwick. O lineal B ten aproximadamente 200 signos, divididos en signos silábicos con valores fonéticos e logogramas (ou ideogramas) con valores semánticos.
O lineal B ten asignado o Unicode Range 10000–1007F para os signos silábicos e o 10080–100FF para os logogramas.
Signos silábicos -a-e-i-o-u𐀀 a𐀁 e𐀂 i𐀃 o𐀄 ud-𐀅 da𐀆 de𐀇 di𐀈 do𐀉 duj-𐀊 ja𐀋 je𐀍 jo𐀎 juk-𐀏 ka𐀐 ke𐀑 ki𐀒 ko𐀓 kum-𐀔 ma𐀕 me𐀖 mi𐀗 mo𐀘 mun-𐀙 na𐀚 ne𐀛 ni𐀜 no𐀝 nup-𐀞 pa𐀟 pe𐀠 pi𐀡 po𐀢 puq-𐀣 qa𐀤 qe𐀥 qi𐀦 qor-𐀨 ra𐀩 re𐀪 ri𐀫 ro𐀬 rus-𐀭 sa𐀮 se𐀯 si𐀰 so𐀱 sut-𐀲 ta𐀳 te𐀴 ti𐀵 to𐀶 tuw-𐀷 wa𐀸 we𐀹 wi𐀺 woz-𐀼 za𐀽 ze𐀿 zo
Os nomes destes signos son só aproximadamente fonéticos, xa que a maioría representan unha clase completa de sílabas. Algúns signos fonéticos, moi pouco empregados, teñen valores que aínda nos son en parte descoñecidos. Son designados mediante un número ou un valor fonético aproximado, como por exemplo a2, a3, au, nwa, pu2 etc.
Logogramas Debido á natureza dos textos preservados (albarás ou recibos de contabilidade dos palacios micénicos), son moi frecuentes as representacións logográficas dos elementos enumerados.
Os logogramas representan conceptos como HOME, MULLER, VACA, TOURO, ACEITE, VIÑO, VESTIDO, OURO, BRONCE etc. Hai varias ducias de signos que representan varios tipos de potas e louza.
Véxase tamén
Ligazóns externas Open Directory Project: Linear B Greek-Language.com: The Linear B Syllabary Dartmouth: The Prehistoric Archaeology of the Aegean , The Linear B Tablets and Mycenaean Organization UT-Austin: Program in Aegean Scripts and Prehistory (PASP) AncientScripts.com: Linear B Linear B at Omniglot Unicode Páxinas co código Unicode para o lineal B syllabary e logograms, que inclúe exemplos de glifos. Markos Gavalas, MICÉNICO (lineal B) - Dicionario en inglés (explorecrete.com)
Categoría:Sistemas de escrita Categoría:Grecia antiga Categoría:Lingua grega micénica