Os fantasmas de Goya é un filme hispanoamericano do director Miloš Forman.
Argumento
A historia desenvólvese na España de 1792 nos momentos álxidos do pintor Francisco de Goya (Stellan Skarsgård). Unha das súas musas chamada Inés (Natalie Portman) é acusada de herexía por un destacado monxe da Inquisición española. O irmán Lorenzo (Javier Bardem) pasará de ser un monxe defensor da Inquisición a un dos maiores defensores da Revolución Francesa.
Comentarios O director rodou na localidade madrileña de Boadilla del Monte. Para iso, inverteu máis de 300.000 euros na restauración do Palacio del Infante don Luis de Boadilla. Tamén escolleu para escenario na película as rúas de Segovia, Salamanca, Aranjuez e o Parque do Retiro de Madrid.
Premios Goyas 2006 Categoría Persoa ResultadoMellor deseño de vestiarioYvonne BlakeCandidataMellor maquillaxe e peiteadoIvana PrimoraeSusana SánchezManuel GarcíaCandidatosMellores efectos especiaisReyes AbadesFélix BergesEduardo DíazCandidatos
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Miloš Forman Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en España