A drenaxe é o conxunto de operacións (instalacións de tubaxes, abertura de gabias e canles, bombeo etc.) realizadas para remover a auga dunha superficie ou do subsolo.

En xeoloxía, é calquera medio polo que a auga contida nunha zona flúe a través da superficie ou de infiltracións no terreo. Drenaxe, cloacas ou rede de saneamento, en enxeñaría e urbanismo, é o sistema de canalizacións, sumidoiros ou trampas, coas súas conexións, que permite o desaloxo de líquidos, xeralmente pluviais, dunha poboación.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Servizos urbanísticos Categoría:Enxeñaría hidráulica Categoría:Agricultura