miniatura|dereita right|thumb|Son dunha flatulencia típica dun ser humano. Unha flatulencia, vulgarmente denominada peido, é o residuo gasoso da dixestión que sae polo ano.
Os gases orixinados pola fermentación bacteriana (principalmente hidróxeno e metano) supoñen aproximadamente as ¾ partes do total da flatulencia. En persoas sas, a frecuencia de evacuación de gases a través do recto é variábel.
Proceso Durante a dixestión, os encimas segregados polo páncreas e o estómago encárganse de romper moléculas grandes, a fin de que poidan ser absorbidas no intestino delgado. Isto xera sempre residuos que o corpo ten que eliminar en forma sólida e líquida (que podemos relacionar cos excrementos) e en forma gasosa (peidos, bufos ou ventosidades).
A procedencia do peido está ligada ao pudor, e xunto cos sons que produce cando é expulsado, fan que estea vinculado ao humor escatolóxico.
Composición A flatulencia humana está composta de:
Nitróxeno (inxerido, 70-85 %) Hidróxeno (producido por uns microbios e consumido por outros, 0-50 %) Dióxido de carbono (producido por microbios aerobios ou inxerido, 10-30 %) Metano (producido por microbios anaerobios, 0-10 %) Osíxeno (inxerido, 0-10 %).
Cheiro dunha flatulencia O intenso mal cheiro característico provén de trazas doutros constituíntes producidos pola ruptura de proteínas:
Ácido butírico (cheiro a manteiga rancia). Compostos do xofre. Sulfuro de hidróxeno (cheiro a ovos podres). Disulfuro de carbono.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Feces Urina
Categoría:Fisioloxía