Mariano José de Larra y Sánchez de Castro, nado en Madrid o 24 de marzo de 1809 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1837, foi un xornalista, narrador e poeta español, pertencente ao movemento do romanticismo.

Traxectoria Fillo dun médico militar afrancesado, acompañou de neno coa súa familia as tropas napoleónicas en retirada a Francia. Alí viviu ata os nove anos, regresando daquela a Madrid. De regreso a España puido comprobar as grandes diferenzas que existían entre a moderna sociedade francesa e a atrasada sociedade española, sometida ao réxime absolutista de Fernando VII. Aí arrancou a súa firme defensa da europeización de España.

A partir dos 19 anos dedícase a traducir dramas franceses e publica artigos na Revista Española baixo o pseudónimo de Fígaro. Con 19 anos fundou El duende satírico del día, que durou pouco tempo. En 1832 comezou a publicar a revista satírica El pobrecito hablador. En 1833, xa baixo o réxime liberal puido expresarse con maior liberdade co pseudónimo de Fígaro.

A pesar do seu éxito, Larra encontrábase máis decepcionado da política na que intentara intervir como deputado. A esta decepción hai que engadir os seus fracasos amorosos. Casou moi novo, o seu matrimonio non foi ben e a súa esposa abandonouno. As súas relacións cunha muller casada, Dolores Armijo, foron moi inestables debido a personalidade desequilibrada e cambiante dela, ata que en febreiro de 1837 produciuse a ruptura definitiva. Sumido nunha forte depresión, o escritor, suicidouse dun tiro logo de lle devolver Dolores as cartas que lle enviara.

Obra A obra de Larra salienta especialmente polos seus artigos xornalísticos, dos que chegou a escribir máis de douscentos. Son satíricos e agresivos ata onde a censura lle permitiu e exhibe neles, cun estilo integrado no romanticismo, a loita da individualidade perante a realidade social, política e cultural do momento. Combate a organización do Estado, o absolutismo e o carlismo ao tempo que se mofa da sociedade e da vida en familia.

O seu estilo é funcional, sen adornos e sempre cinguido á idea que quería expoñer. Empregaba termos estranxeiros con frecuencia, fuxindo de purismos e de dogmas literarios.

Larra e Galiza Malia o seu carácter ilustrado, liberal e europeísta, Larra tampouco conseguiu fuxir dos prexuízos antigalegos comúns a moitos escritores españois. Sirva de exemplo esta cita súaFreixeiro Mato (2009) en García Negro, Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento:

Obras Obras Completas de D. Mariano José de Larra, Montaner y Simón, Barcelona, obra principal. Macías: Drama histórico que mostra o amor malfadado, que acaba en morte. El doncel de don Enrique el Doliente: Novela histórica ambientada na Idade Media. Retoma o tema do seu drama Macías.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lázaro, F. e Tusón V. (1994). Literatura Española, 2º BUP. Ed. Anaya. Pascual, Alcalde e Castro V. (2009) "Literatura Española, 2º BAC". Ed. Anaya

Ligazóns externas Obras completas de Mariano José de Larra en Google books: Tomo I, Tomo II, Tomo III Biblioteca de Autor de Mariano José de Larra na Biblioteca Virtual Cervantes

Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1837 Categoría:Suicidios na década de 1830 Categoría:Suicidas de España