Avalanch é unha banda de heavy metal asturiana, que publicou once discos de estudio e un en directo. Fundouse no ano 1993 e dende o 2012 atópase nun parón indefinido.

Discografía La llama eterna (1997) Eternal Flame (1998) Llanto de un héroe (1999) Días de gloria (directo, 2000) El ángel caído (2001) Los poetas han muerto (2003) Las ruinas del edén (2004) Mother Earth (2005) El hijo pródigo (2005) Muerte y vida (2007) El ladrón de sueños (2010) Malefic Time: Apocalypse (2011)

As portadas dos seus últimos discos foron deseñadas por Luis Royo, coñecido e extravagante artista. Chaman especialmente a atención pola súa rareza e o seu estilo místico.

Compoñentes A formación actual do grupo non é a mesma que nos seus comezos, debido a que dous dos compoñentes abandonaron a banda xa que non compartían a súa filosofía de traballo. Seguiron pola súa conta formando outra banda chamada “Warcry”.

Actualmente os compoñentes do grupo son: Marco Álvarez (batería) Roberto Junquera (teclados) Alberto Rionda (guitarras e coros) Dany León (guitarras e coros) Fran Fidalgo (baixo) Ramón Lage (voz).

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Avalanch

Categoría:Grupos musicais de Asturias