thumb|280px|right|O frautista de Rodrigo Arenas Betancourt A frauta de millo é un instrumento musical aerófono, de posible orixe africanaGeorge List Music and Poetry in a Colombian Village: A Tri-Cultural Heritage, Indiana University, 1983, pp. 60-65, que se utiliza principalmente na cumbia e que se constrúe a partir da cana do millo formando un tubo de cana, aberto aos extremos, de entre 20 e 40 cmMalena Kuss Music in Latin America and the Caribbean: An Encyclopedic History, University of Texas Press, 2004, páxina 314, cunha lingüeta vibrante cortada do mesmo tubo e con catro orificios dixitais, o instrumento execútase de maneira transversal, e é típico da costa caribeña de Colombia. Utilízanno os grupos de música tradicional folclórica, denominados por iso "grupos de millo", non obstante tradicionalmente utilizábase durante as festa do NadalMalena Kuss, ob. cit. páxina 314. Ademais de con millo pódese construír cunha cana, denominada localmente carrizo, que medra nas zonas húmidas ou nas beiras dos ríos para evitar a consistencia fráxil e a baixa potencia do son das realizadas con millo. Tamén se realiza con lata (especie de bambú)Guillermo Abadía Morales, La Música Floklórica Colombiana, Universidad Nacional de Colombia, Bogotá, 1973, pp. 125-126

Características A frauta de millo posúe unha característica que a fai única no seu xénero, as notas pódense producir de tres modos, soprando a frauta expulsando aire pola lingüeta, pero tamén inhalando o aire pola lingüeta para producir notas máis agudas e facendo vibrar a lingüeta cunha exhalación de aire que se produce dende a gorxa, como ao gargarexar, para producir as máis gravesSegundo Abadía Morales esa sería a forma correcta de tocar o instrumento.

A frauta de millo constrúese en diversas tonalidades desde si bemol ata mi.

Notas

Categoría:Instrumentos de vento