Segundo o Fondo Monetario Internacional e os libros publicados pola CIA, a economía do Salvador está situada con respecto a América Central no terceiro lugar logo de Costa Rica e GuatemalaEmbajada de El Salvador en el Reino Unido Economía de El Salvador consultado o 26 de novembro de 2008. O país foi atinxido pola recesión mundial e o PIB contraiuse 3,5% o 2009 pero iniciou unha recuperación o 2010 grazas ó crecemento das exportacións e das remesas do exterior.
O Salvador foi o primeiro país a ratificar o Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos, América Central e República Dominicana o 2006. O tratado, coñecido como DR-CAFTA impulsou as exportacións de alimentos, azucre e etanol, e apoiou o investimento no sector de manufactura de roupas.
O seu crecemento foi modesto ata o 2008, e sufriu unha redución de 2,6% o 2009, a causa da recesión mundial e da forte dependencia das exportacións para os Estados Unidos e das remesas de diñeiro feitas polos seus inmigrantes.
O país ten promovido un ambiente de libre comercio e investimentos, e realizou privatizacións nos sectores de telecomunicación, distribución de electricidade, bancos e fundos de pensión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Colón salvadoreño Peso salvadoreño Real Salvadoreño