The Who é unha banda inglesa de rock formada en 1962. Orixinalmente chamábase The Detours, aínda que pouco despois adoptarían o nome de The High Numbers para máis adiante pasarse a chamar The Who.
A banda naceu en Londres, Inglaterra. A alienación "clásica" estaba composta por Roger Daltrey (voz), Pete Townshend (guitarra), John Entwistle (baixo) e Keith Moon (batería). Townshend era o principal compositor: escribiu a maior parte das cancións da banda e foi o responsable dos conceptos e historias de álbums como Tommy e Quadrophenia e o proxecto Lifehouse. Entwistle tamén compuxo unha parte importante das cancións de The Who, e foi responsable dalgúns temas importantes da banda, nos que cantou (Townshend só cantaba nalgunhas das súas propias cancións).
Desa alienación só quedan vivos Pete Townshend e Roger Daltrey xa que Keith Moon faleceu por sobredose de pastillas en 1978 (polo que foi substituído por Kenney Jones) e John Entwistle por un ataque ao corazón en 2002.
O grupo é considerado un dos máis influentes na historia do rock, e foi descrita como "unha das bandas máis innovadoras e poderosas na historia do rock".http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:fifwxqr5ldfe~T1. Biografía de The Who. A banda é pioneira do concepto de ópera rock, e considerase precursora de subxéneros como o punk e o britpop.
Membros Formación clásica Pete TownshendRoger DaltreyJohn EntwistleKeith Moon<br / Formación actual Pete TownshendRoger DaltreyZak StarkeySimon TownshendPino PalladinoJohn "Rabbit" Bundrick Outros membros Kenney JonesColin DawsonGabby ConnollyDoug SandomSimon Phillips
Discografía oficial Álbums de estudio The Who Sings My Generation - 1965 (Brunswick/Decca Records) Tamén coñecido coma My Generation A Quick One - 1966 (Decca/Reaction Records) Tamén coñecido coma Heat wave The Who Sell Out - 1967 (Decca/Track Records) Tommy - 1969 (Decca/Track Records) Who's Next - 1971 (Decca/Track Records) Quadrophenia - 1973 (MCA Records/Polydor/Track) The Who By Numbers - 1975 (MCA/Polydor) Who Are You - 1978 (MCA/Polydor) Face Dances - 1981 (Polydor/Warner Bros. Records) It's Hard - 1982 (Polydor/Warner Bros. Records) Endless Wire - 2006 (Polydor/Republic Records)
Vivo Live At Leeds (1970) Who's Last (1984) Join Together (1990) Live At The Isle Of Wight Festival 1970 (1996) Live At The Royal Albert Hall (2003)
Compilacións oficiais Magic Bus (1968) Meaty, Beaty, Big and Bouncy (1971) 30 Years of Maximum R&B Odds And Sods (1974) Direct Hits Greatest Hits Who's Better, Who's Best Hooligans The Kids Are Alright The Ox The Story of The Who The Singles The Who Collection Who's Missing Two's Missing Rarities Vol. I Rarities Vol. II The Ultimate Collection Then & Now Teenage Wasteland
Ligazons
Web oficial de Pete Townshend e The Who thewho.net thewho.org
Notas
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Grupos musicais formados en 1962