Lugo di Vicenza é un concello italiano de 3 706 habitantes da provincia de Vicenza (rexión do Véneto).Fonte: ISTAT - Balance demográfico con data 28/02/2007 .
Características Lugo é unha das localidades relevantes nos acontecementos humanos e históricos que se desenvolveron entre o século XI e o XIII e de numerosas propiedades que tiveron como protagonistas a varios compoñentes da familia dos Ezzelini. O lugar de maior interese do municipio é a Vila Godi, que se atopa na localidade de Lonedo, unha das vilas palacianas declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Vicenza