Unai Elorriaga López de Letona, nado en Bilbao o 14 de febreiro de 1973, é un escritor vasco.
Traxectoria Naceu na cidade de Bilbao e criouse dende pequeno no barrio de Algorta, no municipio de Getxo, próximo a Bilbao. Licenciouse en Filoloxía vasca pola Universidade de Deusto, e adícase a escribir e traducir.
Foi profesor de Lingua e Literatura, corrector, tradutor e investigador traballando principalmente na editorial Edebé e a Fundación Labayru.1 A súa primeira obra foi o ensaio Literatur ideia batzuk, editada por Labayru en 2001. Ese mesmo ano publicou o seu opera prima escrita en éuscaro, SPrako tranbia (Un tranvía en SP) por medio da editorial vasca Elkar, que lle trouxo fama e prestixio como escritor, especialmente despois de que dita obra fose galardoada co Premio Nacional de Narrativa de España de 2002, converténdose Unai Elorriaga no segundo escritor en éuscaro en obter o devandito premio, despois de Bernardo Atxaga en 1989. Ese galardón deu a coñecer a Elorriaga máis aló do País Vasco e desde entón a editorial Alfaguara publicou todas as súas novelas traducidas ao castelán. O éxito obtido permitiu a Unai dedicarse á escrita de forma profesional ata que logrou praza de profesor en 2016. Dous anos máis tarde, en 2003, publicou Van' t Hoffen ilea (O pelo de Van' t Hoff) grazas á bolsa Igartza que ofrecen a editorial Elkar e o Concello de Beasain. Vredaman foi o seguinte en 2005 e está composto por catro relatos, un dos cales adaptou o propio Elorriaga como conto infantil co título Matxinsaltoen belarriak (As orellas dos saltóns) en 2006. Vredaman foi galardoado en 2010 co NEA International Literary Award, concedido polo goberno dos Estados Unidos, traducido como Plants don' t drink cofee. Londres kartoizkoa dá (Londres é de cartón) é o resultado de catro anos de traballo, editado en 2009, que ten como tema principal as características e complexidades das ditaduras. En 2015, gañou o Premio Nacional da Crítica pola súa novela, Iazko hezurrak (Mapas e cans), e foi finalista, de novo, do Premio Nacional de Narrativa de España e do Premio de Literatura Euskadi. En 2016 foi finalista do Premio de Literatura Euskadi polo seu libro infantil 107 kiwi. O propio Elorriaga é o tradutor das súas obras ao castelán. As súas novelas foron traducidas a múltiples idiomas: italiano, inglés, galego, alemán, catalán, serbio, ruso e estoniano entre outros.
É colaborador en prensa escrita (El País, Deia, Euskaldunon Egunkaria, Berria...) e foi profesor e relator en universidades de todo o mundo: Oxford, Georgetown, Universidade do País Vasco, Universidade de Dublín, Universidade de Aberdeen, École Normale Supérieure de Lyon...
A súa novela Un tranvía cara a SP foi levado ao cinema no 2008 polo director Aitzol Aramaio co título Un poco de Chocolate.
Obra Novelas Un tranvía cara a SP (2002). Galaxia. SPrako tranbia, Elkar, 2001. Alfaguara, 2003. En italiano Un tram a sp, Gran via. En alemán Lucas oder Der Himmel über Nepal, Schöffling. En serbio Tramvaj za S.P., Samizdat B92. En estoniano Tramm Šiša Pangmale, Loomingu Raamatukogu. O pelo de Van't Hoff (2004). Galaxia. Van't Hoffen ilea (2003), Elkar. Alfaguara, 2004. Vredaman (2006). Galaxia. Vredaman (2005), Elkar. Alfaguara, 2006. En italiano Le piante per esempio non bevono caffelatte, Gran via. En inglés Plants don't drink coffee, Archipelago books.
Londres kartoizkoa da (2009). Elkar. Londres es de cartón, Alfaguara, 2010. Iazko hezurrak, (2014). Susa. Iturria (2019). Susa.
Infantil
Matxinsaltoen belarriak (2006). Elkar. Las orejas de los saltamontes, Alfaguara, 2013. Zizili (2012). Elkar. 107 kiwi (2015). Elkar. Erraldoiek ez dute lagunik jaten (2018). Begiko.
Ensaio Literatur ideia batzuk (2001). Labayru.
Teatro
Doministiku egin dute arrainek / Y los peces estornudaron, Letranómada (2008). Publicada na Arxentina.
Traducións Nogueira doktorearen laborategia (2000). Tradución ao éuscaro do libro de Agustín Fernández Paz O laboratorio do doutor Nogueira. Etorkizunik ez (2001). Tradución ao éuscaro do traballo de Marilar Aleixandre A banda sen futuro. Artzapezpikuaren bisita. Tradución ao éuscaro do libro de Ádám Bodor Az érsek látogatása. Elkar (2011).
Premios
1998: Premio organizado polo diario Deia. 1999: Premio Idatz&Mintz. 2002: Premio Nacional de Narrativa de España (SPrako tranbia). 2003: Bolsa Igartza (Van’t Hoffen ilea). 2008: Bolsa Literaria Joseba Jaka (ondres kartoizkoa da). 2010: Premio Literario Internacional NEA (Estados Unidos de América) (Vredaman). 2015: Premio da Crítica Española (Iazko hezurrak). 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.
Notas
Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto