Norodom Sihamoni (), nado o 14 de maio de 1953 en Phnom Penh, é o rei de Camboxa dende o 14 de outubro de 2004.
Converteuse en rei de Camboxa unha semana despois da abdicación de Norodom Sihanouk. É o fillo máis vello do rei Sihanouk e da raíña Norodom Monineath. Foi embaixador de Camboxa perante a UNESCO e foi nomeado polo Consello Real do Trono, formado por nove membros, logo de que o seu pai Norodom Sihanouk abdicase. Antes de ascender ó trono, Sihamoni foi educado na República Checa e é coñecido como embaixador cultural en Europa e por ser instrutor de danza clásica.
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Phnom Penh Categoría:Reis de Camboxa Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres