Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.

Historia Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Alperiz como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.

Patrimonio O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Parada

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alperiz na web do concello de Lalín

Categoría:Lugares de Lalín Categoría:Parroquias galegas desaparecidas