San Mamede de Fontecabalos foi unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca de Deza. Situado na altiplanicie de Mouroces.

Historia Foi sede do arcediago de Deza. Foi lugar de paso da cabalería que viña de Brántega, Agolada, Melide e Arzúa.

San Mamede de Fontecabalos foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santiago de Sello. Con todo, en 2018 o Concello de Lalín seguía a contar Fontecabalos como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.

Estaba formada polos lugares de Cima de Sello, Fontecabalos e A Xesteira.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Fontecabalos

Parroquias de Lalín

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Fontecabalos na web do concello de Lalín

Categoría:Antigas parroquias de Lalín Categoría:Parroquias galegas desaparecidas