Acanthochitona fascicularis é un molusco dos poliplacóforos que habita baixo das rochas e entre as algas no litoral ata os 50 metros de profundidadeA. M. Jones e J. M. Baxter Molluscs : Caudofoveata, Solenogastres, Polyplacophora and Scaphopoda: Keys and Notes for the Identification of Species. Linnean Society of London e Estuarine and Brackish-Water Sciences Association, 1987, páxina 86, a especie distribúese por todo o Mediterráneo, e o Atlántico desde a Canle da Mancha ata Azores e as Canarias Dell’Angelo, B. e Vardala-Theodorou, Pleistocene Polyplacophoran Species from Perachora Peninsula. Annales. Musei Goulandris, 2006.. A súa forma é oval alongada, a súa lonxitude é o dobre do seu largo, súa cuncha, está formada por oito placas calcarias moi arqueadas e rodeada por unha ampla marxe coriácea, onde se dispoñen oito pares de pequenos fascículos de pelos quitinososEmilio Rolán y Jorge Otero-Schmitt, Guía dos moluscos de Galicia, 322 páx., Ed. Galaxia, 1996, ISBN 84-8288-072-1.. A súa cor é variable, abrancazada, pardacenta, amarelada ou grisalla. Pode chegar ata os 60 mmP. J. Hayward, John Stanley Ryland Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press, 1995, páxina 488.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Données d'Observations pour la Reconnaissance et l’Identification de la faune et de la flore Subaquatiques .
Categoría:Poliplacóforos Categoría:Moluscos de Galicia