José María Besteiro, nado en Riotorto en 1963 é un xornalista e produtor galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Comunicación, fixo un mestrado en dirección e produción de radio e televisión na Universidade de Boston. Despois de traballar como xornalista en distintos medios (Dunia, El País, El Gran Musical...), integrouse no equipo que botou a andar a cadea de televisión de pagamento Canal +. onde foi xefe de produción e director de musicais entre 1989 e 1994. En 1995 vai traballar para os Estados Unidos, nas divisións de produtos para Latinoamérica da Time Warner e de Bertelsmann.

Foi director xeral de audiovisual do Grupo Voz, e posteriormente produtor independente de series de televisión dende a súa propia compañía, Galiwood. Despois dirixiu os seus interese empresariais cara á distribución de contidos vía satélite, e en 2009 mercou unha parte importante do accionariado de Dreamhouse Entertainment, unha empresa de produción e distribución de contidos que posúe o canal Latele NovelaJosé María Besteiro se convierte en accionista de referencia de Latele Novela, Fórmula TV, 20/3/09, dedicado á produción e distribución de telenovelas na comunidade latina nos Estados Unidos. Vida persoal Vive en Madrid. Foi un dos patróns da Fundación TIC da Deputación de Lugo.

Series producidas Mareas vivas Nada es para siempre Géminis Libro de familia Pazo de familia Lobos e Cordeiros

Obra

Los Reyes Catódicos ( 1997) Un hombre que se parecía a Cunqueiro (2021) Francisco Umbral, Manual de Instrucciones ( 2024)

Notas

Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes