Maurice de Bévère, nado en Courtrai o 1 de decembro de 1923 e finado en Bruxelas o 17 de xullo de 2001, foi un debuxante belga de banda deseñada, máis coñecido polo seu alcume Morris. Acadou sona por ser o creador da personaxe de Lucky Luke.
Traxectoria Realizou os seus primeiros estudos nunha ben coñecida escola xesuíta en Aalst. Con 20 anos comezou a traballar coma debuxante nos estudos de animación CBA (Compagnie Belge d'Actualités) onde coñece a Peyo, André Franquin ou Eddy Paape. En 1946 creou Lucky Luke, a súa personaxe máis representativa para a revista de BD Spirou. Continuou a traballar nos anos seguintes tanto na BD coma na animación. A súa morte prodúcese en 2001 cunha caída accidental.
Premios 1972: Grand Prix Saint-Michel, Bruxelas, Bélxica. 1992: Festival de Banda Deseñada de Angoulême, vixésimo aniversario do Grand Prix de la ville d'Angoulême.
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental