Vasco Pires de Camões, nado en Camos, Nigrán, en 1330, foi un poeta e nobre galego da Idade Media, mencionado na crónica de D. João I de Fernão Lopes.
Traxectoria Foi partidario do rei Pedro I de Castela contra o seu irmán Henrique II de Castela, e, por ese motivo pasou a Portugal, no tempo do rei Fernando I de Portugal, do cal tamén foi partidario cando Fernando I ocupou Galiza na súa pretensión que tiña á Coroa de Castela contra Henrique II, o Bastardo.
O rei Fernando deulle no reino de Portugal, polos seus servizos a Alcaidarias-Mores de Alenquer e Portalegre, as vilas da Sardoal, Punhete, Calvo, Amêndoa e do Consello de Gestaçô, e os inmobles e terras agrícolas que a infanta Beatriz ou Brites, a súa irmá, tiña en Estremoz, o que fixo del un dos primeiros nobres do seu Consello, se ben máis tarde o perdeu todo.
Vasco Pires de Camões seguiu o partido de Beatriz de Portugal e Castela na época de Xoán I de Portugal, foi preso na batalla de Aljubarrota, polo que perdeu as terras que tiña, no Reino de Portugal, permanece unicamente as terras que tiña en Estremoz e outros bens que tiña en Alenquer e Lisboa.
Un dos seus descendentes foi o poeta portugués Luís de Camões.
Categoría:Nobres de Galicia do século XIV Categoría:Nados en 1330 Categoría:Finados en ano descoñecido