María Neves Soutelo Vázquez, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1982, é unha poeta galega.
Traxectoria Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en patrimonio documental e bibliográfico, e arquivística.
Gañou en 2007 a XX edición do Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co seu primeiro poemario Código poético. Formou parte do consello de redacción da folla voandeira de poesía AugasVerso. Na actualidade, compatibiliza o seu labor docente na educación pública coa coordinación de obradoiros de escrita creativa e a creación de contidos web.
Obras Poesía Código poético (2008). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8478245628 Diáspora (2012). Noia: Acha Escrava. 83 páxs. ISBN 978-84-937986-1-1. Nestes Días (2014). Q de Vian Cadernos, A Porta Verde do Sétimo Andar, Nova Galicia Edicións. 56 páxs. A boa filla (2020). Pontevedra: Urutau. 62 páxs. ISBN 978-85-7105-098-0.
Obras colectivas Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. Poetas con Rosalía, 2010, Fundación Rosalía. Sétimo andar, poesía alén, 2010, Nova Galicia Edicións. Dairas, 2011, IES Manuel García Barros da Estrada. Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela.
Premios miniatura|Con Pura Tejelo e Silvia Penas na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2023.XX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2007, por Código poético.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Recitando na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2023
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1982 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela