miniatura|dereita|250px|Hatred de Pietro Pajetta.

A necrofilia (do grego νεκρός, nekros “cadáver” ou “morto”, e φιλία, filia "amor" ou "atracción") é unha parafilia caracterizada pola atracción sexual cara aos cadáveres.

Características A necrofilia é citada por vez primeira na obra de Krafft-Ebing, en 1886, Psychopathia Sexualis.KRAFFT-EBING, R. von (1886). Psychopathia Sexualis.

Non obstante, o fenómeno da necrofilia é coñecido dende os máis remotos tempos da historia da humanidade; O historiador Heródoto conta que as mulleres exipcias máis fermosas só eran entregadas ao embalsamador pasados tres días dende a súa morte, para evitar o seu uso sexual. Hoxe a necrofilia pode ser vista como costume común (ás veces até sacralizado) en certas tribos africanas e asiáticas. A necrofilia é máis habitual en tempo de guerra. Na Guerra de Marrocos de 1919 documentouse que os soldados vencedores practicaban a penetración anal cos cadáveres dos vencidos ou con corpos moribundos para aproveitaren os espasmos que estes experimentaban durante a morte.

A necrofilia está prohibida en case todos os países e apenas existen países que a acepten socialmente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Parafilia Sexualidade

Categoría:Parafilias