A Selección de rugby de Australia representa a Australia en rugby. O equipo é alcumado como os Wallabies e compite anualmente con Nova Zelandia e Suráfrica no torneo das Tres Nacións, no cal tamén compite pola Bledisloe Cup con Nova Zelandia e pola Mandela Challenge Plate cos surafricanos. Actualmente ocupa o terceiro posto na clasificación mundial da IRBIRB Ranking , consultado a 6 de abril de 2009. .
Australia ten competido en tódalas seis edicións que se levan disputado até o momento da Copa do Mundo de Rugby, sendo até o momento o equipo con máis éxito da competición, tras gañar o Campionato en dúas ocasións: en 1991 gañando a final contra Inglaterra e en 1999 contra Francia, chegando ademais á final en 2003, perdendo na prórroga contra os ingleses1991 World Cup 1991 . O rugby en Australia está controlado pola Australian Rugby Union (ARU). Sete antigos Wallabies forman parte do Salón da Fama internacional do rugby (IRHOF), sendo un deles, John Eales, incluído IRB Hall of Fame.
Os símbolos Equipamento esquerda|270px|miniatura|Equipamento Os Wallabies xogan coas cores tradicionais tódolos equipos de Australia, verde e dourado. Antes que se utilizase esta camisola, o equipo xogaba coas cores do estado no que xogabanHistory of the Australian Jersey , ademais o escudo de armas australiano era replanzado polo logo do estado no xersei, toda esa variedade de cores foi utilizada nun gran número de encontros até aproximadamente o 1900.
En 1928 os corpos gobernantes acordaron que "as cores representativas de Australia verde e amarela, deben ser adoptadas". O ano seguinte os All Blacks foron a Australia, e o xersei que levaron foi verde esmeralda co escudo de Australia con medias con calcetíns verdes con barras na parte de arriba. Este mesmo xersei foi utilizado con pequenas variacións durante os anos 30. En 1961 na xira por Suráfrica, para non confundir ás cores da súa camisola coas dos locais, cambiaron a cor das súas camisolas polo dourado, cor que permaneceu até hoxe en día.
O deseño de Canterbury para Australia da camisola no mundial de 2007 foi moi controvertido, xa que tiña unha franxas horizontais ao longo do peito que lembraban á forma dun sosténThe Wallabies New World Cup Jersey...ouch... . Isto levou a un columnista especializado en rugby do Sydney Morning Herald a publicar unha satírica columna comparando a camisola co sostén para homes que ideara o personaxe de Kramer na serie americana SeinfeldJust one big Boks of contradictions .
En 2009, os Wallabies levarán unha nova camisola elaborada pola multinacional deportiva Nike. O xersei está actualmente en deseño, pero os informes iniciais suxiren que levará máis dourado que nas últimas camisolas e eliminará as franxas de cor verde.
O wallaby miniatura|Un ualabí. O alcume "Wallabies" é en referencia a marsupial ualabí, que se atopa amplamente distribuído por toda Australia. O nome ten as súas orixes na primeira xira polo Reino Unido e América do Norte en 1908. Nova Zelandia viña de rematar a súa xira e toda a prensa inglesa os chamaba "os All Blacks". Isto levou á prensa australiana a pensar que eles tamén deberían ter a súa propia nomeada. Os Rabbits (coellos) parece ser que foi un dos nomes suxeridos, aínda que foi amplamente rexeitado xa que non querían chamar ao seu equipo como unha praga importadaWho are the Qantas Wallabies? . Finalmente optaron polo nativo ualabí no seu lugar, nome polo que se coñece actualmente á selección en todo o mundo.
Rexistros Copa do Mundo de Rugby Participacións de Australia na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 20px Nova Zelandia e 20px Australia Cuarto 1991 20px Inglaterracoa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Campión 1995 20px Suráfrica 1/4 Finalista 1999 20px País de Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Campión 2003 20px Australia Segundo 2007 20px Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia 1/4 Finalista 2011 20px Nova Zelandia Terceiro 2015 20px Inglaterracoa asistencia do País de Gales -
The Rugby Championship
Rexistros de xogadores Máis partidos coa selección miniatura|Stirling Mortlock A seguinte listaxe recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección australianaSuperRugby . A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. George Gregan é 139 o xogador con máis partidos internacionais de rugby do mundo de tódolos tempos. En letra grosa xogadores que seguen en activo na selección de Australia. George Gregan - 139 Nathan Sharpe - 116 George Smith - 111 Adam Ashley-Cooper - 108 Stephen Larkham - 102
Máis ensaios miniatura|dereita|Australia David Campese é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Australia, o xogador, hoxe retirado, ocupa o segundo posto na clasificación de número ensaios da historia coas súas seleccións nacionais, só superado polo xaponés Daisuke Ohata, con 67 ensaios. David Campese - 64 Adam Ashley-Cooper - 31 Tim Horan - 30 Joe Roff - 30 Lote Tuqiri - 30
Puntos A marca de puntos marcados posúea Percy Montgomery con 893 puntos. Este xogador, xa retirado, ocupa o sexto posto na lista histórica internacional de puntos coa súa selección. Michael Lynagh - 911 Matthew Burke - 878 Matt Giteau - 686 Stirling Mortlock - 489 David Campese - 315
Notas
Australia, Selección de rugby de Categoría:Rugby en Australia