En anatomía, o cóbadoVocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués). Universidade de Santiago de Compostela. 2008. Páxina 117. cóbado é unha articulación do membro superior. Artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión.

Superficies articulares Úmero: cóndilo umeral, canle cóndilo-troclear e tróclea. Radio: cavidade e rebordo glegnoideo. Cúbito: apófise coronoide e olecraniana. Tamén cavidades sigmoides maior e menor.

Articulacións do cóbado Articulación umerocubital: é a articulación establecida entre o cóndilo e canle cóndilo-troclear umerais e a cavidade e rebordo glegnoideo do radio. Articulación umerorradial: é a articulación que establecen a tróclea umeral e a epífise superior do cúbito.

Ligamentos articulares Cápsula articular: bordea todas as superficies articulares. Ligamento anterior: recobre a parte anterior da epífise caudal do úmero e chega ata o radio e o cúbito. Ligamento posterior: recobre a parte posterior da epífise caudal do úmero e chega ata as apófises coronoidea e oleocraniana do cúbito. Ligamento lateral interno: insírese na epitróclea umeral e chega ata o cúbito. Ligamento lateral externo: insírese no epicóndilo umeral e chega ata o cúbito. Ligamento anular: insírese no cúbito, bordea a cabeza radial e regresa ao cúbito. Ligamento de Weitbrecht

Mecánica funcional As dúas articulacións do cóbado son trocleares funcionalmente, é dicir, poden realizar movementos de flexión e extensión.

Músculos que moven o cóbado Extensores: tríceps braquial, músculo ancóneo. Flexores: braquial anterior, músculo supinador longo e bíceps braquial.

Patoloxía Unha doenza típica do cóbado é a epicondilite.

Imaxes adicioniais

Notas

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Articulacións