Grassroots (pronunciación en inglés: /ˈgrɑːsruːts/; lit. 'raíz de céspede', fig. 'fundamental', 'de base') é unha forma de asociación, constituída polos membros dunha comunidade. Implica que a creación do movemento e o apoio do grupo é natural e espontáneo, destacando as diferenzas con comunidades promovidas polas estruturas de poder. Un termo similar en galego é asociación de base ou movemento de base.

Diferentes contextos xeográficos Nos Estados Unidos, onde teñen a súa orixe, os movementos Grassroots existen a nivel local, con voluntarios na comunidade que doan o seu tempo para apoiar un partido político local que máis tarde apoiará un partido a nivel nacional. Por exemplo, un movemento deste tipo anima a rexistrar votantes para un partido político determinado.

Termo En xeral, o termo tradicionalmente empregado en galego para os movementos grassroots é base ou bases. O termo en inglés ten un oposto a Grassroots (herba ou céspede de raíz, figuradamente o que está a ras de chan) que é Astroturfing, termo derivado de AstroTurf, unha popular marca de herba artificial, para sinalar un tipo de propaganda que pretende ser pasada por un movemento de base.

Técnicas Os grassroots organízanse e crean grupos de presión de varias formas: Albergando reunións en locais e realizando congresos anuais e/ou xerais Colocando carteis e anuncios Falando coa xente pola rúa Pedindo sinaturas Obtendo cartos e donativos para campañas Colocando mesas de información polas rúas Organizando manifestacións Pedindo opinións á poboación que serán tidas en conta despois Todas elas, formas variadas de aplicación do concepto "Do It Yourself", co que está relacionado.

Véxase tamén Outros artigos Rede social Ligazóns externas Apoio á Comunidade Estratexia para que as tropas americanas volvan á casa. Debra Stein. Manual do cidadán Guía para a organización de Grassroots.

Categoría:Socioloxía