Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que se atopan interrelacionadas e coordinadas; a razón dun proxecto é acadar obxectivos específicos dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos.

Terminoloxía O termo "proxecto" pode referirse tanto á idea de algo que se pensa realizar e de como se pensa realizar, como á primeira redacción dun texto, ou ao conxunto dos planos e as explicacións relativas a cálculos, orzamentos etc., dunha obra de arquitectura ou enxeñaría.

A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do proxecto. Pode referirse a ámbitos diversos como á ciencia (por exemplo Proxecto Xenoma Humano), á tecnoloxía (p. ex. Proxecto Apollo), á literatura (como o proxecto Gutemberg) ou calquera outro eido.

Un termo vinculado e derivado é anteproxecto, referido ao estudo provisional dun proxecto, que serve de orientación antes de realizar o definitivo. Ese termo está caendo en desuso no eido da xestión de proxectos, pero segue a ser habitual en arquitectura e administración pública (por exemplo anteproxecto de lei).

Véxase tamén

Xestión de proxectos PMBOK

Categoría:Método científico