Etajima (江田島市, えたじまし, Etajima-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado na parte sueste da prefectura e no centro da rexión de Chūgoku. Ten 100,97 km² de superficie, unha poboación de 27.811 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 275 h/km².

Etajima coñécese como a illa onde se localizaba a academia naval do Xapón ata o final da segunda guerra mundial.

Etajima está conectado pola ponte con Kure.

Historia A cidade de Etajima foi fundada após a fusión dun concello de vila do distrito de Aki (Etajima) e tres concellos de vilas do distrito de Saeki (Ōgaki, Okimi e Nōmi) o 1 de novembro de 2004.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Etajima .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hiroshima Categoría:Rexión de San'yō