Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017.
Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968. Foi elixido conselleiro do condado de New Castle en 1970 e converteuse no sexto senador máis novo da historia dos Estados Unidos cando foi elixido para o Senado dos Estados Unidos por Delaware en 1972, aos 29 anos. Biden foi membro desde hai tempo do Comité de Relacións Exteriores do Senado e finalmente converteuse no seu presidente. Opúxose á Guerra do Golfo en 1991 e apoiou a expansión da alianza da OTAN a Europa do Leste e a súa intervención nas guerras iugoslavas dos noventa. Apoiou a resolución pola que se autorizaba a guerra de Iraq en 2002 e posteriormente opúxose á saída de tropas estadounidenses en 2007. Tamén presidiu o Comité Xudicial do Senado de 1987 a 1995, que se ocupaba da política de drogas, a prevención do crime e as cuestións das liberdades civís; liderou o esforzo para aprobar a Lei de control e aplicación da lei do delito violento e a Lei de violencia contra a muller; e supervisou seis audiencias de confirmación do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, incluídas as contenciosas para Robert Bork e Clarence Thomas.
Presentouse sen éxito á candidatura á presidencia demócrata en 1988, primarias que gañou Michael Dukakis, e de novo en 2008. Biden foi reelixido ao Senado seis veces e era o cuarto senador máis antigo cando renunciou para exercer o cargo de vicepresidente de Barack Obama despois de que gañasen as eleccións presidenciais de 2008; Obama e Biden foron reelixidos en 2012. Como vicepresidente, Biden supervisou o gasto en infraestruturas en 2009 para contrarrestar a Gran Recesión. As súas negociacións cos republicanos do Congreso axudaron a aprobar lexislacións incluíndo a Lei de exención de impostos de 2010, que resolveu un bloqueo fiscal; a Lei de control orzamentario de 2011, que resolveu unha crise do teito da débeda; e a American Taxpayer Relief Act de 2012, que abordou o inminente "abismo fiscal". Tamén liderou os esforzos para aprobar o tratado New START entre os Estados Unidos e Rusia e axudou a formular a política dos Estados Unidos cara a Iraq a través da retirada das tropas estadounidenses en 2011. Tras o tiroteo da escola primaria Sandy Hook, dirixiu o grupo de traballo sobre a violencia armada.
En xaneiro de 2017, Obama outorgoulle a Biden a Medalla Presidencial da Liberdade con distinción. En abril de 2019, Biden anunciou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2020 e alcanzou o limiar de delegados necesario para asegurar a candidatura demócrata en xuño de 2020. En agosto, anunciou a elección da senadora Kamala Harris de California como compañeira de equipo. Tras gañar as eleccións fronte a Donald Trump, daquela presidente que se presentaba á reelección, foi investido como 46º presidente dos Estados Unidos o 20 de xaneiro de 2021.
Traxectoria
Primeiros anos Fillo de Catherine Eugenia "Jean" Biden (de solteira, Finnegan; 1917-2010), católica e de orixe irlandesa e de Joseph Robinette Biden Sr (1915-2002) quen tiña ascendencia francesa, inglesa e irlandesa. Biden, é o maior dunha familia católica e ten unha irmá, Valerie, e dous irmáns, Francis e James e foi criado na fe católica.
O pai de Biden era inicialmente rico, aínda que sufriu varios reveses financeiros na ápoca na que naceu Joseph e, durante varios anos, a familia viviu cos seus avós maternos. Daquela, durante a década de 1950, Scranton entrou nun declive económico e o pai de Biden non conseguía atopar un traballo estable. A partir de 1953, a familia viviu nun apartamento en Claymont, Delaware, e despois se mudaron a unha casa en Wilmington, Delaware. Máis adiante, o pai de Biden converteuse nun exitoso vendedor de autos usados, conseguindo para a familia un estilo de vida de clase media.Barone & Cohen, 2008, p. 364
Na Academia Archmere en Claymont, Biden xogou durante a secundaria a fútbol americano e tamén a beisbol. A pesar de ser un estudante non moi destacado foi presidente da clase en varias ocasións.Taylor (1990), p. 99Witvover (2010), pp. 40-41 Graduouse en 1961. Na Universidade de Delaware en Newark, acadou unha licenciatura en Artes en 1965 cunha dobre especialización e Historia e Ciencias Políticas e unha especialización en inglés.Taylor (1990), p. 98 Ocupou o posto 506 nunha clase de 688 e tivo un expediente disciplinario por plaxiar parte dun artigo durante o primeiro curso.
Biden ten un lixeiro gaguexo que mellorou co paso do tempo. Afirmou que o foi reducindo ao recitar poesía diante dun espello,Taylor (1990), p. 99 pero tamén se ten suxerido que lle puido influír nos debates presidenciais do Partido Demócrata de 2020.
Primeiro matrimonio, escola de dereito e carreira inicial (1966–1972) O 27 de agosto de 1966, Biden casou con Neilia Hunter (1942-1972), unha estudante da Universidade de Siracusa, despois de superar as reticencias dos seus pais por casar cun católico romano; a cerimonia celebrouse nunha igrexa católica en Skaneateles, Nova York.Biden, 2007, pp. 32, 36–37. Tiveron tres fillos: Joseph R. "Beau" Biden III (1969-2015), Robert Hunter Biden (nado en 1970) e Naomi Christina "Amy" Biden (1971-1972). esquerda|miniatura|Joe Biden no anuario de 1965 da Universidade de Delaware. En 1968, Biden obtivo un doutoramento en xurisprudencia na Facultade de Leis da Universidade de Siracusa clasificado no posto 76 da súa clase de 85, e foi admitido no Colexio de Avogados de Delaware en 1969. Mentres estaba na facultade, recibiu aprazamentos para estudantes, e despois foi clasificado como non dispoñible para o servizo militar por asma. En 1968, Biden traballou nun despacho de avogados de Wilmington dirixido polo destacado republicano local William Prickett e chegou a afirmar pouco despois: "pensaba en min como republicano". Non lle gustou a política racial conservadora do gobernador demócrata de Delaware, Charles L. Terry, e apoiou a un republicano máis liberal, Russell W. Peterson, que derrotou a Terry en 1968. Biden foi recrutado polos republicanos locais pero rexistrado como independente debido ao seu malestar polo candidato presidencial republicano Richard Nixon.
En 1969, Biden exerceu o dereito, primeiro como defensor público e, posteriormente, nunha empresa dirixida por un demócrata activo localmente que o nomeou ao Foro Democrático, un grupo que intentaba reformar e revitalizar o partido estatalWitcover (2010), p. 86 e Biden volveuse rexistrar como demócrata. Tamén con outro avogado formou un pero o dereito corporativo non lle gustaba e o dereito penal non se pagaba ben polo que tivo de complementa-los seus ingresos xestionando propiedades.
En 1970, Biden optou a un asento co consello polo condado de New Castle, Delaware, apoiado nunha plataforma liberal que incluía apoio á vivenda pública nos suburbios.Witcover (2010), p. 59 O asento fora ocupado polo republicano Henry R. Folsom, que agora se presentaba no quinto distrito tras unha repartición de distritos municipais.Delaware Republican State Headquarters (1970). "Republican Information Center: 1970 List of Candidates" (PDF). University of Delaware Library Institutional Repository. Newark, DE: University of Delaware. p. 11. Consultado o 18 de xaneiro de 2021 Biden gañou as eleccións e tomou posesión o 5 de xaneiro de 1971."County Council to Take Oath". The News Journal. Wilmington, DE. p. 4 (2 de xaneiro de 1971) – via Newspapers.com Consultado o 18 de xaneiro de 2021"Conner Calls Shake of 7 Lucky Omen for Council". The News Journal. Wilmington, DE. p. 3 (6 de xaneiro de 1971)– via Newspapers.com Consultado o 18 de xaneiro de 2021 Serviu ata o 1 de xaneiro de 1973 mentres seguía a exerce-la avogacía e foi sucedido polo demócrata Francis R. Swift."Maloney Seeks New Businesses". The News Journal. Wilmington, DE. p. 4 (2 de xaneiro de 1973)– via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021"Swift Seeks 4th District County Seat". The News Journal. Wilmington, DE. p. 41 (30 de marzo de 1972) – via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021"GOP Decade Ends with Slawik Win". The News Journal. Wilmington, DE. p. 3 (8 de novembro de 1972)– via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021Zintl, Terry (14 de marzo de 1973). "Shop Center Hackles Rise In Hockessin". The News Journal. Wilmington, DE. p. 64 – via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021 Durante a súa etapa no consello do condado, Biden opúxose a grandes proxectos de estradas, que argumentou, poderían perturbar os barrios de WilmingtonWitcover (2010), p. 62 e, pouco despois, principiou a súa carreira cara ao Senado.
Campaña do Senado de 1972 en Delaware miniatura|Resultados das eleccións ao Senado en Delaware en 1972.|esquerdaEn 1972, Biden fora o único demócrata disposto a desafiar ao republicano J. Caleb Boggs, un veterano político que levaba doce anos no posto, e contra todo prognóstico conseguiu derrotalo e converteuse no senador máis novo de Delaware.Moritz, 1987, p. 43 A súa campaña case non tiña cartos e ninguén lle daba posibilidades de gañar. Os membros da familia participaron activamente na campaña e que dependía de reunirse cos votantes cara a cara e de distribuír manualmente o programa co que se presentaba; este era un enfoque propio dun estado de pequena extensión como Delaware. Recibiu algunha axuda dos sindicatos da AFL-CIO e do enquisador demócrata Patrick Caddell. O seu equipo centrou o programa na retirada de Vietnam, o medio ambiente, os dereitos civís, o tránsito masivo, unha fiscalidade máis equitativa, a asistencia sanitaria e a insatisfacción pública coa "política de sempre". Poucos meses antes das eleccións, Biden estaba por detrás de Boggs en case trinta puntos porcentuais, pero a súa enerxía, a súa atractiva nova familia e a súa capacidade para conectar coas emocións dos votantes serviron aos seus obxectivos e gañou co 50,5 por cento dos votos.
Morte de muller e filla O 18 de decembro de 1972, poucas semanas despois das eleccións, a esposa de Biden, Neilia e a filla dun ano Naomi morreron nun accidente automobilístico mentres mercaban os agasallos de Nadal en Hockessin. A furgoneta de Neilia foi arremetida por un tráiler cando saía dunha intersección. Os seus fillos Beau e Hunter sobreviviron ao accidente e foron levados ao hospital en bo estado, Beau cunha perna rota e outras feridas e Hunter cunha pequena fractura do cranio e outras feridas na cabeza.Witcover (2010), p. 93 e 98 Os médicos pronto informaron que ambos se recuperarían sen problemas.Witcover (2010), p. 96 Daquela, Biden pensou en renunciar para coidalos pero o líder da maioría do Senado, Mike Mansfield, convenceuno de que non o fixese. Anos máis tarde, Biden afirmara ter oído rumores de que o condutor do camión, supostamente, bebera alcol antes da colisión pero esas afirmacións foron rexeitadas pola familia do condutor e a polícía nunca as probou. Posteriormente, Biden pediu desculpas á familia.
Carreira política no Senado dos Estados Unidos (1973–2009) miniatura|Biden co presidente Jimmy Carter.|esquerda O 5 de xaneiro de 1973, comezou a súa carreira política no Senado tras prestar xuramento perante o secretario do Senado, Francis R. Valeo,Witcover (2010), p. 93 e 98 converténdose no 6º senador máis novo da historia nos Estados Unidos. No acto estiveron presentes, seus fillos Beau, cuxa perna aínda estaba en rehabilitación por mor do accidente, Hunter e outros membros da familia.