A economía de Irán é unha economía de transición cun sector estatal pouco eficiente e unha forte dependencia do petróleo. O crecemento da forza laboral non é acompañado de mellora da súa cualificación, o que eleva o desemprego a un nivel máis alto que os 12% estimados polo goberno .
A maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. Dado o carácter semidesértico da maior parte do seu territorio, na meseta do Irán tradicionalmente desenvolveuse máis o pastoreo que a agricultura. Predomina o rabaño ovino, co fin de obter la para a elaboración de alfombras. No escaso 10% de superficie que se estima apto para a agricultura, cultívanse cereales (como o trigo), algodón e tabaco.
Ademais da industria téxtil, foi tradicional a pesca de perlas na zona de Ormuz. O sector de servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño.
Actualmente, o goberno pretende seguir unha política de maior diversificación para non depender tanto das flutuacións do prezo do petróleo no mercado internacional como sucedeu en 1998. Ademais en 2007 deixou de facturar o petróleo en dólares pola súa perda de valor.Irán deja de vender petróleo en dólares - El País
Notas