Keith John Moon, nado en Londres o 23 de agosto de 1946 e finado o 7 de setembro de 1978, foi un músico Inglés, coñecido por ser o batería do grupo de rock inglés The Who. Traxectoria Gañou eloxios polo seu estilo innovador e exuberante de tambores, e a notoriedade polo seu comportamento excéntrico e a miúdo autodestrutivo, o que lle valeu o alcume de "Moon the Loon" (Moon o Tolo). Moon uniuse a The Who en 1964, substituíndo a Doug Sandom. Tocou en todos os álbums e singles desde o seu debut, en 1964 " Zoot Suit", a 1978 en Who Are You, que foi editado tres semanas antes da súa morte.
Moon era coñecido pola súa dramática e emocionante forma de tocar a batería, evitando frecuentemente os ritmos básicos, enfocando a súa técnica na rapidez, subliñando os redobres a través dos tambores, manexando ambidiestramente o dobre bombo e golpeando salvaxemente os pratos. É mencionado no Salón da Fama do Rock como un dos máis grandes baterías de todos os tempos do rock and roll, e foi incluído postumamente no Salón do Rock como membro The Who en 1990.
O legado de Moon, como membro de The Who, como solista e como unha personalidade excéntrica, segue colleitando premios e eloxios, entre eles os lectores de Rolling Stone escollérono no segundo lugar da revista como un dos "mellores batería de todos os tempos" en 2011, case 35 anos despois da súa morte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas TheWho.com Páxina oficial de The Who Equipamento musical de Keith Moon en TheWho.net Keith Moon Arquivo da BBC sobre Keith Moon Further Information about Forthcoming Keith Moon Biopic
Categoría:Personalidades do rock Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Finados por sobredose Categoría:Nados en Londres