A Rexión de Tubinga (en alemán Regierungsbezirk Tübingen) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao suroeste do Land. A súa capital é a cidade de Tubinga.

Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Neckar-Alb, Donau-Iller e Bodensee-Oberschwaben.

Ten unha área de 8.917,82 km² e unha poboación de 1.808.388 habitantes (2008).

Xeografía A rexión de Friburgo atópase ao sueste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Südwürttemberg-Hohenzollern.

Limita ao sur co Lago Constanza, ao oeste coas rexións de Friburgo e Karlsruhe, ao norte coa Rexión de Stuttgart e ao leste con Baviera. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973. Kreise(distritos)Kreisfreie Städte(cidades independentes) Alb-Donau Biberach Bodenseekreis Ravensburg Reutlingen Sigmaringen Tubinga Zollernalbkreis Ulm

Política Os presidentes da rexión de Tubinga, dende 1973, foron: 1973–1975: Hans-Jörg Mauser 1975–1997: Max Gögler 1997–2006: Hubert Wicker 2006–2015: Hermann Strampfer 2015–2016: Jörg Schmidt 2016–...: Klaus Tappeser

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Tubinga