Pereza foi un grupo musical madrileño de rock español.
Traxectoria Rubén Pozo Prats e José Miguel Coello Torres, coñecidos artisticamente como Rubén e Leiva, os seus compoñentes, gravaron xa cinco discos: Pereza, Algo para cantar, Animales, Los amigos de los animales (un disco recompilatorio publicado no 2006 no que se inclúen algúns dos seus mellores temas, e no que colaboraron artistas coma de Amaral, Bunbury ou Ariel Rot) e Aproximaciónes, publicado en agosto de 2007. Pulicaron tamén dous DVD: no primeiro, Algo para encantar inclúense os videoclips do seu disco anterior Algo para cantar e algúns temas en directo, e Barcelona, un DVD cun concerto en dita cidade acompañado dun CD titulado Rarezas, no que dan a coñecer temas inéditos desde o inicio da banda.
Discografía
Pereza (2001) Algo para cantar (2003) Algo para encantar, DVD (2003) Algo para cantar (edición especial) (2004) Animales (2005) Princesas, DVD (2005) Los amigos de los animales, +DVD (2006) Barcelona, DVD+CD (2006) Aproximaciones (2007) Baires, libro CD+DVD (2009) Aviones, +DVD (2009) 10 años (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da banda
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de rock