Os planetas exteriores, xigantes ou gasosos son aqueles que están situados máis aló do cinto de asteroides, é dicir, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Fágase notar que, dende a redefinición de planeta do 2006, Plutón xa non é considerado un planeta, senón un planeta anano.

Os planetas xigantes do noso sistema solar están formados por profundas atmosferas de hidróxeno e helio que chegan a constitui-la maior parte da masa de Xúpiter e Saturno, e que ocupan un terzo dos planetas Urano e Neptuno. A meirande parte dos planetas extrasolares descubertos ata o día de hoxe encaixan dentro das características principais de masa e composición dos planetas exteriores do noso sistema solar, se ben as súas órbitas son moito máis próximas á súa estrela principal, dándolles moitas veces o nome de xovianos quentes.

Características As súas características máis importantes son: Son basicamente gasosos, carecendo de superficie sólida. Urano e Neptuno posúen núcleos internos formados por xeos primixenios a gran presión e temperatura e en estado líquido. Xiran moi á presa, períodos de rotación en torno ás 10 h. Dispoñen de fortes campos magnéticos. Posúen moitos satélites. Posúen sistemas de aneis ó seu redor. Posúen importantes fontes de calor interna (exceptuando a Urano), procedentes da calor acumulada na súa formación.

Véxase tamén Outros artigos Planeta interior