O art rock é un subxénero do rock and roll caracterizado polos seus ambiciosos temas líricos e experimentacións melódicas, harmónicas ou rítmicas, frecuentemente saíndo das fronteiras pop e indo en dirección ao jazz, clásico, electrónico. A designación "art rock" é vaga, unha vez que poucos artistas actuais aspiran abertamente a este título.

Orixe Orixinouse no Reino Unido nos anos 60, con influencias da arte, avant-garde e música clásica. A primeira vez que foi usado o termo, segundo o Merriam-Webster Online Dictionary, foi en 1968. Influenciado polo traballo dos Beatles, principalmente polo seu álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, o art rock foi unha forma de música que quería "estender os límites do rock & roll", e optou por unha perspectiva da música máis experimental e conceptual. O termo rock progresivo ás veces pode intercambiarse co de art rock. Mentres que o rock progresivo caracterízase por técnicas instrumentais máis tradicionais e texturas sinfónicas, o art rock é máis desafiante, ruidoso e menos convencional, salientando o experimental e vangardista.

Definicións O crítico John Rockwell di que o art rock é un dos xéneros máis variados e eclécticos co seu sentido aberto de desapego creativo, pretensións de música clásica e propensións experimentais e vangardistas.Edmondson 2013, p. 146 Na música rock dos 70, en xeral entendíase que o descritor "arte" significaba "agresivamente vangardista" ou "pretensiosamente progresivo". O "art rock" adoita a ser usado como sinónimo de rock progresivo.Campbell 2012, p. 251 Historicamente, o termo foi usado para describir polo menos a dous tipos de música rock relacionados pero distintos.Bannister 2007, p. 37 O primeiro é o rock progresivo, mentres que o segundo uso refírese a grupos que rexeitaron a psicodelia e a contracultura hippy en favor dun enfoque modernista e vangardista definido por Velvet Underground. A ensaísta Ellen Willis comparou estes dous tipos:Dende principios dos anos 60 … había unha contradición no rock and roll que tiña moito máis en común coa alta arte, en particular coa arte de vangarda, que a tan cacarexada síntese art-rock [rock progresivo]; implicou o uso máis ou menos consciente dos canons formais básicos do rock and roll como material (tanto como os artistas pop utilizaron a arte de masas en xeral) e refinando, elaborando, xogando con ese material para producir … arte rock and roll. Se ben o art rock baseábase implicitamente na afirmación de que o rock and roll era ou podía ser tan digno como as formas de arte máis establecidas, a arte do rock-and-roll xurdiu dun compromiso obsesivo coa linguaxe do rock and roll e un desdén igualmente obsesivo por aqueles que rexeitaban esa linguaxe ou querían diluílo, facelo máis fácil... o new wave ha herdou a contra-tradición.Bannister 2007, pp. 37-38

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Django Django Bibliografía

Categoría:Xéneros musicais