O termo Meda pode referirse a:

Unha meda é un palleiro, ou tamén o conxunto de monllos de cereal xuntados antes da malla.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Meda, parroquia do concello da Veiga; Meda, lugar da devandita parroquia; A Meda, parroquia do concello de Castroverde; A Meda, lugar da devandita parroquia; Monte de Meda, parroquia do concello de Guntín; Monte de Meda, parroquia do concello de Lugo; Monte de Meda, lugar da devandita parroquia; San Cibrao de Monte de Meda, parroquia do concello de Guntín; Meda, lugar da parroquia de Rao, no concello de Navia de Suarna; A Meda, lugar da parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos; A Meda, lugar da parroquia de Moalde, no concello de Silleda; A Meda de Abaixo, lugar da parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos; O Furco da Meda, lugar da parroquia de Cedrón, no concello de Láncara; A Pena da Meda, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño; O Pico da Meda, lugar da parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero; Pumeda, lugar da parroquia de Lamas de Campos, no concello da Fonsagrada.

Montes e cabo de Galiza Bico de Meda, monte do concello de Zas; A Cabeza da Meda, monte da serra homónima, no Macizo Central ourensán. Punta da Meda, cabo en Monteferro.

Fóra de Galiza

En Portugal Mêda, cidade no distrito da Guarda. Mêda, freguesía da cidade de Mêda. Meda de Mouros, freguesía do concello de Tábua. Meda do Norte, illa no Arquipélago das Berlengas Meda do Sul, illa no Arquipélago das Berlengas

En Italia Meda, comuna italiana da rexión da Lombardía.

En Togo Meda, vila de Togo.

Ademais Meda é un xénero de peixes actinopterixios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

A Mediña, lugar da parroquia de Ombre, no concello de Pontedeume; Mede, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade; A Medua, lugar da parroquia de San Xusto, no concello de Carballeda de Valdeorras.