éirígí [eːɼiːɟiː] é un partido político republicano socialista de Irlanda (norte e sur). Foi creado por un pequeno grupo de activistas socialistas republicanos en Dublín en abril de 2006 que se escindiron do Sinn Féinn por enteder que este non estaba suficientemente comprometido co socialismo. Isto foi discutido por moitos militantes que afirmaban que, de feito, éirígí era unha escisión do Sinn Féin polo asunto do proceso de paz e as detencións da policía.http://www.independent.ie/national-news/radicals-detained-over-ulster-murders-1673387.html Radicals detained over Ulster murdershttps://web.archive.org/web/20091023210156/http://www.greenleft.org.au/2009/788/40568 Republicans oppose new attacks on civil libertieshttp://cedarlounge.wordpress.com/2007/01/23/eirigi-new-dawn-fades-ornon-sinn-fein-republicanism-boldly-going-where-many-have-gone-before/ eirigi - new dawn fades
Traxectoria
Nome O nome do partido, Éirígí, significa "Erguerse" en irlandés, e é unha referencia ao slogan "Os grandes só parecen grandes porque estamos de xeonllos. Ergámonos!" usado polos socialistas irlandeses James Connolly e Jim Larkin.
Conversión en partido O 12 de maio de 2007, no primeiro Ardfheis (en galego, Plenario) do partido, os seus membros votaron converterse nun partido político de pleno dereito, malia que aínda non estaba rexistrado no Clerk do Dáil Éireann, unha esixencia legal para aquelas entidades que quixesen formar partidos políticos na República de Irlanda. O presidente do partido é Brian Leeson.
Ideoloxía e obxectivos O partido buscaba a retirada dos británicos de Irlanda e o estabelecemento dunha república de 32 condados baseada nos principios do socialismo democrático. Estabelecido en 2006, pouco antes do 90 aniversario do Alzamento de Pascua de 1916, éirigí era orixinalmente un grupo de campañas centrado en Dublín. éirígí ten participado en campañas como Shell to Sea e Reclaim the Republic (Athshealbhaígí an Phoblacht), que levou á organización a distribuír 60.000 exemplares da Proclamación de 1916 por toda a nación.
Liderado A Executiva Nacional de Éirígí é a responsable do día a día do partido entre reunións da Ardfheis (conferencia do Partido). É elixida polos membros anualmente en base a "un membro, un voto". Os presidentes de cada delegación local tamén son membros da Executiva Nacional.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial
Categoría:Partidos políticos de Irlanda Categoría:Partidos políticos do Reino Unido Categoría:Partidos nacionalistas irlandeses