Het Wilhelmus ( en galego: O Guillerme) é o himno dos Países Baixos e o himno nacional máis antigo do mundoFacts About National Anthems aínda que a letra do himno xaponés Kimi Ga Yo (non a música) data do século IX.national-anthems.org Japan National Anthem Aínda que non foi recoñecido como oficial até 1932, sempre foi unha canción moi popular entre os neerlandeses.

Ao igual que moitos himnos, a orixe do Het Wilhelmus foi na loita da nación para acadar a súa independencia. A letra fala de Guillerme de Orange, a súa vida e porque loitou polo pobo neerlandés. Como resultado disto o himno está escrito como se fose cantado por el mesmo.

Letra <div style="font-size:100%;"> Orixinal en neerlandés Wilhelmus van Nassouwe ben ik, van Duitsen bloed, den vaderland getrouwe blijf ik tot in den dood. Een Prinse van Oranje ben ik, vrij, onverveerd, den Koning van Hispanje heb ik altijd geëerd.

Mijn schild ende betrouwen zijt Gij, o God mijn Heer, op U zo wil ik bouwen, Verlaat mij nimmermeer. Dat ik doch vroom mag blijven, uw dienaar t'aller stond, de tirannie verdrijven die mij mijn hart doorwondt.Tradución ao galego Guillerme de Nassau son de sangue neerlandesa, leal á miña patria serei até morrer. Un príncipe de Orange eu son, ceibe e sen medo, ao Rei de España sempre honrei.

Meu escudo e lealdade es Ti, Deus noso señor, es Ti a quen quero contar, nunca me volvas deixar. Que poida seguir sendo valente, por sempre o teu servente, derrotar á tiranía que apuñala meu corazón.

Estrutura miniatura|dereita|Versión coral do himno A letra está composta de 15 estrofas. A primeira letra de cada estrofa na súa versión orixinal en lingua neerlandesa antiga, representan un acrónimo que forma o nome 'Willem van Nassov' (Nassov era unha variante ortográfica para Nassau). En neerlandés moderno, as primeiras letras das estrofas 12 e 13 comezan con Z no canto de S, resultando en 'Willem van Nazzov'.

Notas

Ligazóns externas Himno no sitio web oficial da Casa Real Neerlandesa. Sitio web sobre o himno

Gravacións Versión instrumental Versión vocal Versión midi dunha estrofa

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos dos Países Baixos