Hamamatsu (浜松市, はままつし, Hamamatsu-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shizuoka. Está situado na rexión de Tōkai, no centro-sur da rexión de Chūbu e ao oeste da prefectura, na área da provincia histórica de Tōtōmi, no centro da illa de Honshū. Ten 1.511,17 km² de superficie, unha poboación de 813.105 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 538 hab./km².
O concello de Hamamatsu limita cos concellos de Kosai, Arai, Iwata, Mori, Shimada, Kawanehon (que son da prefectura de Shizuoka); de Toyohashi, Shinshiro, Tōei, Toyone (que son da prefectura de Aichi); de Tenryū e Iida (que son da prefectura de Nagano).
División administrativa O concello de Hamamatsu divídese en 7 barrios (ku 区): Hamakita-ku (浜北区, はまきたく) Higashi-ku (東区, ひがしく) Kita-ku (北区, きたく) Minami-ku (南区, みなみく) Naka-ku (中区, なかく) Nishi-ku (西区, にしく) Tenryū-ku (天竜区, てんりゅうく)
Universidades Universidade de Shizuoka (静岡大学) Campus de Hamamatsu (en Naka-ku) - Facultade de Ciencias da Información, Facultade de Ingeniería Universidade de Medicina de Hamamatsu (浜松医科大学, en Higashi-ku)
Cidades irmandadas Camas (1981) Porterville (1981) Varsovia (1991) Chehalis (1998) Rochester (2006)
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hamamatsu . Sitio web oficial da cidade de Hamamatsu .
Categoría:Prefectura de Shizuoka Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón