260px|miniatura|O río Amstel ao seu paso por Ámsterdam. O Amstel é un río nos Países Baixos que flúe a través da cidade de Ámsterdam. O seu nome provén de Aeme stelle, en neerlandés antigo "zona con abundante auga".
Xeografía O río orixinariamente comezaba cando dous pequenos ríos, o Drecht e o Kromme Mijdrecht, se xuntaban un pouco ao sur de Uithoorn. Despois da construción dun canal, o Amstel-Drecht Kanaal, o río agora nace onde o Drecht e outro canal, o Aarkanaal, xúntanse entre si, preto da cidade de Nieuwveen.
A foz do río está en Ámsterdam, onde se desembocaba na baía do IJ. Porén, en 1936 a última parte do río, chamada Rokin foi enchida, polo que agora o río remata na praza Spui, aínda que segue conectado co IJ por unhas tubaxes soterradas.
Illa de Amstel O río contén unha soa illa, chamada sinxelamente Amsteleiland (Illa de Amstel). A única estrada que a atravesa pertence a Ouderkerk aan de Amstel, mais a illa en si é parte do municipio de Amstelveen. Ten unha superficie aproximada de 0,05 km².
Galería de fotos miniatura|centro|600px|O río Amstel en Ámsterdan, vista panorámica.
Categoría:Ámsterdam Amstel Categoría:Ríos europeos continentais da vertente Norte