Roman Witold Ingarden, nado en Cracovia o 5 de febreiro de 1893 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1970, foi un filósofo e teórico literario polaco asociado á corrente fenomenolóxica. É recoñecido por algúns estudosos como "o pai da estética de recepción".

Traxectoria Ingarden estudou filosofía e matemáticas na universidade de Lvov, Polonia, e posteriormente en Alemaña, tendo a Kazimierz Twardowski e a Edmund Husserl como mestres respectivamente. Foi alumno de Edmund Husserl tanto en Gottinga como en Friburgo. Boa parte do seu traballo foi realizado en vésperas ou durante o período de posguerra da segunda guerra mundial, polo que as súas obras non foron populares até a década de 1960, cando se iniciaron as traducións do polaco a outras linguas.

Os seus traballos A obra de arte literaria e A comprehensión da obra de arte literaria forman unha teoría literaria que, fundamentada no método fenomenolóxico proposto por Husserl, propón unha forma de abordar as obras e entender a intención significativa que estas levan. Cabe salientar o uso de conceptos como: "intención significativa", "aprehensión do signo", "lectura pasiva e activa" e "concretización" dentro da súa obra.

Tamén publicou traballos de estética sobre música, drama, cinema, arquitectura e pintura.

Obras Obras en Alemán Intuition und Intellekt bei Henri Bergson, Halle: Max Niemeyer, 1921 Essentiale Fragen. Ein Beitrag zum Problem des Wesens, Halle: Max Niemeyer, 1925 Das literarische Kunstwerk. Eine Untersuchung aus dem Grenzgebiet der Ontologie, Logik und Literaturwissenschaft, Halle: Max Niemeyer, 1931 Untersuchungen zur Ontologie der Kunst: Musikwerk. Bild. Architektur. Film, Tübingen: Max Niemeyer, 1962 Der Streit um die Existenz der Welt, Bd. I, II/I, II/2. Tübingen: Max Niemeyer, 1964 Vom Erkennen des literarischen Kunstwerks, Tübingen: Max Niemeyer, 1968 Erlebnis, Kunstwerk und Wert. Vorträge zur Ästhetik 1937-1967, Tübingen: Max Niemeyer, 1969 Über die Verantwortung. Ihre ontischen Fundamente, Stuttgart: Reclam, 1970 Über die kausale Struktur der realen Welt. Der Streit um die Existenz der Welt, Band III, Tübingen: Max Niemeyer, 1974

Obras en Polaco O poznawaniu dzieła literackiego (The Cognition of the Literary Work of Art), Ossolineum, Lwow: 1937 O budowie obrazu. Szkic z teorii sztuki (On the Structure of Paintings: A Sketch of the Theory of Art), Rozprawy Wydziału Filozoficznego PAU Vol. LXVII, No.2, Kraków, 1946 O dziele architektury (On Architectural Works), Nauka i Sztuka, Vol. II, 1946, No. 1, pp. 3-26 e No. 2, pp. 26-51 Spór o istnienie Świata (Controversy over the Existence of the World), PAU, Vol. I, Kraków: 1947, Vol. II, Kraków, 1948 Szkice z filozofii literatury (Sketches on the Philosophy of Literature), Vol. 1, Spółdzielnia wydawnicza “Polonista,” Łódz, 1947 Elementy dzieła muzycznego (The Elements of Musical Works), Sprawozdania Towarzystwa Naukowego w Toruniu, Vol. IX, 1955, Nos. 1-4, pp. 82-84 Studia z estetyki (Studies in Aesthetics), PWN, Vol. I Warszawa, 1957, Vol. II, Warszawa, 1958 O dziele literackim (On Literary Works). PWN, Warszawa, 1960 Przeżycie - dzieło - wartość (Experience - Work of Art - Value). WL, Kraków, 1966 Studia z estetyki Tom III (Studies in Aesthetics, Vol. III), PWN, Warszawa, 1970 U podstaw teorii poznania (At the Foundations of the Theory of Knowledge), PWN, Warszawa, 1971 Książeczka o człowieku (Little Book About Man), Wydawnictwo Literackie, Kraków, 1972. Utwór muzyczny i sprawa jego tożsamości (The Work of Music and the Problem of Its Identity), Wydawnictwo, Warszawa, 1966.

Obras en Castelán La obra de arte literaria, 1973 La comprehensión de la obra de arte literaria, 1974

Véxase tamén

Bibliografía La comprehensión de la obra de arte literaria'' (1998), Universidad Iberoamericana. ISBN 968-859-464-4 .

Categoría:Filósofos de Polonia Categoría:Nados en 1893 Categoría:Nados en Cracovia Categoría:Finados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade de Lviv