Arturo Díaz Díaz, nado en Sober o 8 de outubro de 1946, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria É profesor de Educación Física no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro dende 1987. Concelleiro do PSdeG-PSOE no concello de Dodro dende 1999, cando se presentou por primeira vez á alcaldía e conseguiu pasar de 1 a 3 concelleiros, sendo a principal forza da oposición ó PPdeG. Nas municipais de 2003 conseguiu subir a 4 concelleiros, pero o PPdeG mantivo a maioría absoluta. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao pacto asinado co BNG. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que recuperou a maioría absoluta, ante o cal renunciou a tomar posesión da súa acta de concelleiro.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro

Ligazóns externas Currículo na web do PSOE

Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1946 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes