Gustavo Freire Penelas, nado en Lugo o 14 de setembro de 1885 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1948, foi un compositor galego con afinidade galeguista.
Traxectoria Da man do seu padrasto, en 1907 ingresa no conservatorio de música de Madrid. Anos máis tarde incorpórase como violinista na Orquestra Sinfónica Nacional de España. Compón daquela as rapsodias Festa na Tolda e Airiños. Tras a guerra regresa a Lugo, onde dirixe a orquestra do Círculo das Artes da cidade, amais de impartir clases. En 1943 compón unha das súas obras cumio: Non chores, Sabeliña, zarzuela galega con texto de Xosé Trapero Pardo. A súa música bebe da tradición do folclore galego.
O auditorio municipal de Lugo leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes